Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

venres, 28 de outubro de 2022

ENCONTRO LITERARIO COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

No día de hoxe o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato puido coñecer a escritora burelá Antía Yáñez nunha actividade deseñada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coa colaboración da biblioteca e grazas ao financiamento do programa de Encontros Literarios da Subdirección Xeral do Libro e da Lectura do MEC.

A narradora centrouse en explicar cales foros as intencións e como foi o proceso creativo das súas novelas máis recoñecidas. Falou de Senlleiras, obra de lectura obrigatoria para o alumnado de 2º Bacharelato no segundo trimestre, e da súa recente publicación, Non penses nun elefante rosa que trata o tema da saúde mental.

O alumnado destes cursos tivo a oportunidade de establecer un coloquio con ela que amabelmente respondeu as súas cuestións e, ademais, deixounos asinados varios dos exemplares das súas obras que tedes dispoñibles na biblioteca do noso centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario