Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

mércores, 22 de maio de 2024

ROTEIRO LITERARIO SOBRE LUÍSA VILLALTA

Este mércores fixemos un roteiro pola cidade a partir da escritora e músuca de Luísa Villalta. Foi o alumnado de proxecto competencial o que o preparou e o que fixo de guía. Foi a primeira experiencia deste tipo que fixemos no centro e a verdade é que foi tremenrmdamente positiva pois a motivación e a atención superaron as expectativas. Partimos da praza de María Pita, prazada Fariña, casa Cornide, cemiterio Santo Amaro, Campo da Leña, Papagaio, Obelisco, Vila de Laxe 6 e rematamos no instituto. Fomos intercalando textos e poemas de Luísa con explicacións variadas sobre os diferentes lugares. Ao final recollemos as preguntas wue debían ir respondendo e que repartimos na primeira parada. Agora estas preguntas corrixiraas o alumnado de proxecto. 







































luns, 20 de maio de 2024

MARCAPÁXINAS DE LUÍSA VILLALTA

O grupo de 1º ESO A nas aulas de Lingua Galega e Literatura o alumnado elaborou estes marcapáxinas e xogos manuais sobre a figura da poeta coruñesa Luísa Villalta.










mércores, 15 de maio de 2024

EXPOSICIÓN SOBRE A MÚSICA EN GALEGO NO MES DA POETA MUSICAL LUÍSA VILLALTA

Durante este mes das Letras e tendo en conta a homenaxe a unha poeta tan musical como a coruñesa Luísa Villalta, desde o EDLG e o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizamos unha exposición sobre música galega tendo en conta o enorme éxito e proxección que están a ter tantas bandas e artistas galegos de múltiplos estilos no panorama musical actual e mesmo máis alá das nosas fronteiras.

O alumnado desde 1º ESO até 1º Bach traballou sobre diferentes grupos ou músicos e músicas que desenvolven a súa creatividade musical en diferentes estilos na nosa lingua.

No vestíbulo da escola podedes ver as cartolinas tan coloridas e creativas que deseñaron para aprender moitas cousas sobre variados e exitosos grupos. En cada cartolina hai un código QR que nos liga a unha canción escollida por cada alumna/o e que tamén soa e pode verso o seu videoclip na televisión do vestíbulo da entrada do IES Monte das Moas.



















luns, 13 de maio de 2024

ENCONTRO LITERARIO CON PAULA CARBALLEIRA

No día de hoxe estivo con nós a escritora, poeta, dramaturga e actriz, Paula Carballeira. O encontro desenvolveuse ao abeiro do programa de Encontros con Escritores convocado pola Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura do Ministerio de Cultura @librolecturagob.

Este triste e frío 13 de maio de 2024 veu visitarnos a luminosa e cálida escritora Paula Carballeira. A conversa sobre o seu proceso literario estendeuse xenerosamente durante 75 minutos. Asistiron á actividade un total de 120 alumnos, que representan o total dos 4 grupos de 1º ESO do IES Monte das Moas. O alumnado mostrouse encantado coa divertida charla, intercambio de opinións, reflexións e preguntas sobre distintos aspectos da creación literaria así como do “terrorífico “ conto ofrecido por esta marabillosa autora.

Previamente, a rapazada tiña lida a obra de medo de Paula Trece avisos de forma alternativa durante todo o presente curso. A obra tivo unha enorme aceptación, en especial subliñaban o gusto - e medo- que lles producía a aqules que facían a lectura nas longas noites de inverno.

Posteriormente á lectura, fixeron diferentes traballos relacionados con contos incluídos no libro Trece avisos e coa súa creadora.

Finalmente, tivemos que despedirnos de Paula; pero antes asinou varios exemplares tanto da Biblioteca do IES Monte das Moas como de alumnos e alumnas, ledos por poder facerse coa súa dedicatoria. A todos nos quedou a boca doce e con ganas de máis.

O alumnado de 4º ESO len nas aulas de literatura galega a peza teatral As alumnas e o grupo de 4º que cursa portugués puido achegarse tras o acto a saudar e coñecer a escritora e intercambiar algunhas impresións sobre a obra que len e sobre o seu proceso de creación tanto poética como teatral. Nas aulas de Português leron e traballaron coa tradución a esta lingua do poemario da autora, Há quem escolha os caminhos mais longos.

Grazas, Paula, por vir coñecernos e amenizar a nosa xornada!! E inmensamente agradecidas de poder contarmos na nosa escola cunha Premio Nacional de Dramaturxia tan interesante, tan fantástica e cercana coma ti!! Esperamos poder contar axiña contigo de novo!!








venres, 10 de maio de 2024

GAÑADORES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS

Xa están publicados no taboleiro da entrada os gañadores do concurso de Microrrelatos de este curso 2023/24, promovido polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura e a Biblioteca.

Son os seguintes:

- Categoría 1º e 2º de ESO: Irene Rodríguez Pawlow. 2º ESO D.

- Categoría 2º e 3º da ESO: Valle Martínez Martínez. 4º ESO C. 

- Categoría 1º BAC: Carmela Archilla Fragueiro. 1º BAC B.








martes, 7 de maio de 2024

VÍDEOS DO ATSF NO IES MONTE DAS MOAS

Nesta entrada deixámosvos os vídeos que amabelmente nos enviaron persoas coñecidas da nosa cidade e do panorama cultural galego: muralistas como Raquel Xermade, escritores do barrio como Carlos Meixide, actores como Federico Pérez, músicos como Brais Morán, Xoán Curiel, Aida Saco Beiroa, Ugia Pedreira ou a nosa rapazada e canteira da música tradicional de Donaire, xornalistas de Radio Marca ou profesoras universitarias como Leticia Eirín, ex alumna de Moas, quixeron enviar o seu apoio á campaña respondendo á petición que lles fixemos desde o noso EDLG. 

Na música, na radio, na arte, na universidade, no cinema, na nosa rica cultura contemporánea tamén se fala galego!!

VÍDEO DA CAMPAÑA AQUÍ TAMÉN SE FALA NO IES MONTE DAS MOAS

Velaquí tedes o vídeo final da Campaña Aquí tamén se fala que se desenvolveu durante este curso en moitísimos centros educativos da Galiza. 

Esta foi a nosa contribución desde o IES Monte das Moas: as alumnas e alumnos da ESO e de Bacharelato convertéronse en dinamizador@s lingüístic@s dos barrios do Castrillón, dos Castros, da Gaiteira e de Eirís e contaron coa amabilidade e participación de moit@s traballador@s do comercio local da nosa contorna.

Moitas grazas a todas as persoas participantes e si, nestes barrios coruñeses tamén queremos a nosa lingua e Aquí tamén se fala galego!!

mércores, 1 de maio de 2024

MÚSICA EN GALEGO NOS RECREOS E NA SAÍDA DO INSTITUTO

Deseño de Alberto Pombo
O EDLG coa colaboración do Departamento de Lingua e Literatura Galega e o Departamento de Xeografía e Historia botou a andar un proxecto no que participa todo o alumnado desde 1º ESO ata 1º Bach.

Deseñaron cartolinas sobre artistas e grupos de música en galego de todos os xéneros nas que inclúen un código QR que nos leva a unha canción dese grupo que cada persoa escolleu. A exposición poderase visitar nos corredores da nosa escola durante o mes de maio.

E velaquí tedes a listaxe coas seleccións do alumnado que soará durante os recreos e á saída do instituto durante o mes das Letras para darlle visibilidade ao enorme potencial da música galega actual.