Esta semana, o 6 de novembro, visitounos o escritor, novelista e dramaturgo, Nando López. Doutorado en Filoloxía Hispánica, foi profesor de secundaria, aínda que na actualidade se dedica exclusivamente a escritura.
Gañou o premio Gran Angular 2020 con La versión de Eric e foi finalista ao Premio Nadal en 2010 con La edad de la ira, convertida en serie para Atresplayer Premium.
É autor de títulos xuvenís como El reino de las Tres Lunas e a súa continuación, El reino de los Tres Soles, Nadie nos oye, En las redes del miedo ou a triloxía La leyenda del Cíclope.
É tamén un destacado autor de teatro, finalista en varias ocasións aos prestixiosos Premios Max. Estreou numerosas obras dentro e fóra de España, destinadas ao público adulto e tamén ao infantil e xuvenil. Entre estas destacan Por qué tiene que ser todo tan difícil, La foto de los diez mil me gusta ou a recén saída La canción de los Sin Nombre.
A charla asistiron todos os alumnos de 1º de ESO, que entablaron un amistoso coloquio co escritor falando da novela El reino de las tres Lunas, así como doutras obras do escritor. Ao rematar foi tan amable de firmar exemplares aos seus lectores.
Resultou unha experiencia moi agradable que nos animou a seguir lendo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario