Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

mércores, 2 de outubro de 2024

 CONCURSO CREATIVOS DE SAMAÍN MONTE DAS MOAS 2024

MICRORRELATOS ILUSTRADOS DE TERROR

BANDA DESEÑADA DE TERROR

O alumnado desde 1º da ESO até 1º de Bacharelato poderá participar en dúas categorías de concursos

creativos de Samaín:

a) Microrrelatos ilustrados de terror

b) Banda deseñada de terror

Poderá presentar un microrrelato e/ou banda deseñada. A presentación poderá ser en formato electrónico (a banda deseñada en formato jpg ou pdf) e será enviado por correo ao seguinte enderezo remoealingua@gmail.com ou entregado ao/á profesor/a de Lingua Galega e Literatura.

O microrrelato ou banda deseñada serán exclusivamente en lingua galega.

O microrrelato non superará a extensión de 150 palabras. Valorarase especialmente a orixinalidade e a calidade narrativa, así como a inclusión de elementos propios do Samaín e da cultura popular galega relacionada coa morte e cos defuntos.

Terá que ir acompañado dunha ilustración de medo que complemente o texto.

A banda deseñada poderá ter a extensión que se queira.

Os traballos entregaranse antes do venres, 25 de outubro e a coordinadora do EDLG, Ana Martínez, será quen os custodiará ata que o xurado se reúna e escolla o mellor relato, cuxo/a autor/a recibirá un premio.

Os microrrelatos gañadores serán lidos, preferentemente pola persoa que os elaborou, nunha lectura dramatizada na biblioteca e expostos no taboleiro do vestíbulo de entrada da escola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario