O alumnado de Lingua Galega e Literatura de 3º ESO e de 1º Bach e o de Português de 1º ESO realizaron estes fermosos traballos creativos sobre libros de lectura para festexar o Día do Libro.
Hai de todo: desde caixas cápsulas do tempo que conteñen obxectos relacionados coa temática de novelas ou libros de poemas, até láminas, deseños, herbarios, cadros pintados, caixas despregables, etc.
A exposición quedou fantástico no vestíbulo de entrada e é boa mostra da alucinante creatividade de moito do noso alumnado.
Non dubidedes en visitala xa que é unha extraordinaria maneira de vos presentar lecturas en galego ou en portugués ben interesantes!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario