CONCURSO DE RELATO
BREVE CON FONDO DE MITO CLÁSICO
A Biblioteca de IES Monte das Moas a través do Departamento de Clásicas convoca un novo concurso de” Relatos Breves” que se rexerá polas seguintes bases:
1.- Poderán concorrer a este certame os alumnos/as de 3º e 4º da ESO e 1º e 2 de Bach.
2.-Os traballos terán como referencia un mito clásico*
3.- A extensión dos traballos non poderá exceder as 1600 palabras,
(4 folios tamaño A-4 a dobre espazo).
4.-Os traballos deberán presentarse nun sobre, asinado cun pseudónimo e logo introducirase neste outro cos datos persoais do autor/a.
5.-O xurado, que será dado a coñecer ó emitirse o fallo, terá ademais das facultades normais de outorgar ou declarar deserto o premio, as de interpretar as presentes bases.
6.-O prazo máximo de recepción dos traballos será o 16 de Maio do 2017. Mentres que o prazo de resolución do procedemento será o 30 de Maio do 2017.
HABERÁ DÚAS
CATEGORÍAS:
NIVEL ESO
|
NIVEL BACHARELATO
|
1º Premio : 40 €
2º Premio: 30€
3º Premio: 20€
|
1º Premio : 40 €
2º Premio: 30€
3º Premio: 20€
|
O alumnado poderá consultar na biblioteca, na sección de MITOLOXÍA (292), todos os documentos. Tamén se lles aportará unha lista de mitos clásicos coas correspondentes citas do texto.
O Departamento de clásicas responderá a calquera aclaración que se queira facer respecto a este Concurso.
O Departamento de clásicas responderá a calquera aclaración que se queira facer respecto a este Concurso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario