CALIGRAMA |
A Biblioteca xunto con Normalización e o Departamento de Debuxo convoca un concurso que consistirá na realización de caligramas utilizando como base cadros de pintores galegos.
"Cosrureira" Maside |
"Ouro. Retrato bidimensional" Maruxa Mallo |
"A rapaza dos pés descalzos" Picasso en Coruña |
"O Berbés" Manuel Torres |
BASES:
- O traballo consiste en escoller un dos modelos ofertados e enchelo, contornealo ou decoralo con poemas/versos de autores galegos.
- As láminas realizaranse en tamaño A4 (folio), a cores segundo as instrucións dos profesores de debuxo.
- As obras se entregarán ao profesor antes do 29 de maio e formarán parte dunha exposición no corredor principal.
- O xurado estará composto por membros da comunidade educativa.
- O premio consistirá en dúas entradas de cine e unha camiseta co deseño gañador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario