Na semana da ciencia en galego homenaxeamos á oceanógrafa galega Ángeles Alvariño cunha pequena exposición e unha folla de traballo sobre ela.
Deixámosvos aquí unha reportaxe sobre a exposición e o traballo realizado.
Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
domingo, 24 de novembro de 2019
mércores, 20 de novembro de 2019
Actuacións contra o maltrato sobre as mulleres
Pequeno vídeo no que relatamos as actuacións no noso centro para chamar unha vez máis a atención sobre este terrible problema na nosa sociedade actual.
Achegamos tamén o pequeno relato do actor Antonio Banderas como embaixador de boa vontade da ONU sobre este tema.
Achegamos tamén o pequeno relato do actor Antonio Banderas como embaixador de boa vontade da ONU sobre este tema.
domingo, 17 de novembro de 2019
Contos de medo de Samaín
Por fin temos montado un pequeno vídeo coas lecturas dos contos de medo de Samaín. Grandísima calidade para estas pequenas escritoras.
Tedes tamén á vosa disposición os contos premiados.
Para gozar.

Tedes tamén á vosa disposición os contos premiados.
Para gozar.

luns, 4 de novembro de 2019
Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía
A escritora e profesora galega, Pilar Pallarés, ven de ser merecidamente galardoada co Premio Nacional de Poesía pola súa obra Tempo Fósil.
Concedéronlle o premio "por trasmitir con profunda sabiduría e emoción, a un tempo lúcida e desgarrada, a experiencia da perda e da destrución do
vivido, do que nos configura, desde unha conciencia da paisaxe como
un corpo vivo".
A escritora ten publicados os libros de poemas: Livro das devoracions (1996), Poemas (2000), Leopardo son (2011), polo que recibiu o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; e Tempo fósil (2018), merecedor do Premio da Crítica 2018.
martes, 29 de outubro de 2019
xoves, 24 de outubro de 2019
domingo, 6 de outubro de 2019
martes, 24 de setembro de 2019
Remoe a Lingua. Novo blog no IES Monte das Moas.
O Departamento de Lingua Galega do noso centro acaba de crear un blog ao servizo de toda a comunidade escolar.
Non volo perdades!!!!
domingo, 22 de setembro de 2019
luns, 16 de setembro de 2019
Voluntarios da biblioteca
luns, 24 de xuño de 2019
"Somos Galegos"
O pasado xoves fíxose entrga dos premios ás mellores fotos do concurso fotográfico da biblioteca: "Somos Galegos". Trala 1ª votación popular na que houbo unha altísima participación, quedaron 5 fotos finalistas entre as que un xurado experto escolleu as gañadoras:
1º premio:
2º Premio:
1º premio:
![]() |
| "COAS MANS" de Martina Gómez de 4º A |
| Reciben os seus respectivos premios Martina, á dereita e Irene. |
![]() |
| "GALIZA, O PAÍS DOS MIL RÍOS" de Irene Quintela Valiño de 2º D ESO. |
martes, 18 de xuño de 2019
Recomendacións lectoras para este verán
Amosamos aquí unha selección de lecturas en banda deseñada para aprender, gozar e concienciar. Achegádevos á biblioteca para coller algunha das nosas recomendacións ou calquera libro de entre a morea que vos podemos ofrecer.
FELICES LECTURAS!!!
martes, 11 de xuño de 2019
Mural do 30 aniversario.
No día de onte celebrouse unha pequena festa no noso centro: a inauguración dun MURAL para celebrar o 30º aniversario do instituto. a obra foi realizada polo deseñador gráfico Julián Díaz, que ademais é ex-alumno do Monte das Moas.
Xunta as palabras da directora, Ana Romero e do propio deseñador, houbo un concerto ofrecido por alumnado da materia de música e algúns dos integrantes do coro do instituto.
No periódico "La Opinión" deron unha cumprida reportaxe do evento cunha comparativa entre os dos murais, o do pintor Abelenda de hai trinta anos e o actual.
.
luns, 27 de maio de 2019
Día internacional dos Museos
Co gallo do Día Internacional dos Museos que se celebrou o 18 de maio, o Departamento de Historia do IES Monte das Moas organiza unha completísima exposición cos traballos realizados por alumnado de 1º de ESO.
O vindeiro 6 de xuño terá lugar tamén non noso centro as IV Xornadas Romanas en Moas coa visita dos recreadores de Galicia. Todo un espectáculo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







