Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 30 de outubro de 2017

Concurso ARREPIANTE DE SAMAÍN - 3º e 4º ESO

CONCURSO DE PISTAS DE SAMAÍN dirixido a alumnado de 3º e 4º de ESO

Trátase de descubrir o nome dunha obra literaria de recente publicación seguindo as pistas que vos deixamos a continuación.

BASES:
As respostas deberán ser enviadas ao enderezo de correo da biblioteca: bibliomontemoas@gmail.com
  • No correo deberá constar:
  1.  O nome do/a alumno/a e o seu curso e grupo.
  2. O título da obra que buscamos e o seu autor.
  • Non se admitirán respostas despois do día 6 de novembro ás 12 da noite.
PREMIOS:
Unha película en formato DVD ou Blue Ray da elección do/a gañador/a
Un agasallo sorpresa.

De haber empate o premio será adxudicado a sorteo.

domingo, 29 de outubro de 2017

CONCURSO ARREPIANTE De SAMAÍN para 1º e 2º de ESO

A BIBLIOTECA do IES  Monte das Moas presenta un concurso coa finalidade de descubrir 
o nome dunha obra literaria segundo as pistas que se dan a continuación.

As respostas ás pistas están TODAS na exposición de MEDO E MISTERIO da biblio e aquí neste blog.
  • As respostas deberán ser enviadas ao enderezo de correo da biblioteca: bibliomontemoas@gmail.com
  • No correo deberá constar:
  1.  O nome do/a alumno/a e o seu curso e grupo.
  2. O título da obra que buscamos e o seu autor.
  • O prazo remata o día 10 de novembro ás 12 da noite.
PREMIOS:
Unha película en formato DVD ou Blue Ray da elección do/a gañador/a
Un agasallo sorpresa.

De haber empate o premio será adxudicado por sorteo.

.

mércores, 25 de outubro de 2017

Formación de Usuarios 2017/18

Presentamos aquí unha pequena mostra do que aconteceu este ano na formación de usuarios para o alumnado de 1º de ESO.
Despois da charla informativa a rapazada xogou a encontrar libros e contestar unhas cantas preguntas sobre o funcionamento da biblioteca.
A semana que vén daremos conta dos gañadores do pequeno concurso.

Formación de Usuarios 2017/18 on PhotoPeach

domingo, 15 de outubro de 2017

Caza do tesouro do SAMAÍN

En breve dará comezo unha arrepiante CAZA DO TESOURO na biblioteca.

Ide preparando ... as cabezas...ou as cabazas



xoves, 5 de outubro de 2017

Kazuo Ishiguro: Novo premio Nobel de literatura


Despois da polémica do ano pasado pola concesión deste importante premio ao cantautor Bob Dylan, a academia Sueca volve ao terreo da litaratura galardoando ao escritor inglés, de orixe xaponesa, Kazuo Ishiguro quen é especialmente valorado polas súas historias de amplo espectro emocional. 

Algunhas das súas obras foron levadas ao cine, sendo a máis recoñecida Los restos del Día, que no noso país pasaría a ser titulada Lo que queda del día, con Antony Hopkins  e Emma Thomson como protagonistas. 

Deixamos aquí as portadas de dúas das obras máis importantes do autor e un pequeno vídeo para coñecelo un pouco mellor. 

luns, 11 de setembro de 2017

Benvid@s

Benvid@s a un novo curso cheo de ilusións... e de lecturas.

Propoñémoste un reto lector para este novo curso escolar....

ATRÉVESTE???????

xoves, 22 de xuño de 2017

Voluntariado na biblioteca.

Esta mañá fixemos entrega dos diplomas aos alumnos voluntarios na Biblioteca durante todo o curso. Con eles o préstamo e a xestión da biblioteca fíxéronse máis doados.

Rocío de 4º ESO C e Simón de 1º BAC B foron os voluntarios que máis tempo pasaron na biblioteca.

Debuxo Artístico

Estes días o corredor principal do centro converteuse nunha sala de exposicións grazas aos traballos do alumnado da materia de Debuxo Artístico de 1º de Bac.

Debuxo Artístico no IES Monte das Moas on PhotoPeach

mércores, 21 de xuño de 2017

Poemas intimistas de Curros Enríquez

Orixinal "vídeoa animación" realizada polos alumnos Lúa Pazos e Christian Losada de 1º B Bac.  para presentar diversos poemas de Cúrros Enríquez. 

martes, 20 de xuño de 2017

Premios aos máis lectores

Esta mañá entregamos os premios a dous dos rapaces máis lectores do noso centro, grazas aos seus "LECTURÓMETROS", que fan as veces de marcapáxinas, recordatorio de devolución e carnet da biblioteca.
Parabéns e ....seguide así.
Martina Gómez de 2º ESO E
e
Daniel Mourelle Saavedra  de 1º ESO C

Recomendacións para o verán.

Deixámosvos aquí as recomendacións da biblioteca para este verán
Visítanos!!!!


venres, 16 de xuño de 2017

Premios aos mellores "FOTOLECTORES"

Publicamos os gañadores aos premios ás mellores fotografías de tema lector. Faremos entrega dos premios na biblioteca o vindeiro LUNS 19 no recreo.
1º PREMIO:
Alba González Ramos. 2º ESO D
"A lectura, un universo paralelo"
Alba co seu premio.

2º PREMIO:
Iria Losada García. 2º BAC A
"Intruso noutro mundo"
Iria ao lado da súa obra.
3º PREMIO:
Águeda Millán Pena. 1º ESO D
"Reflexos"
Águeda coa súa foto


ACCÉSIT:
Martina M. Gómez. 2º ESO E
"Lendo como pitufos"
Martina tamén acadou un pequeno agasallo





domingo, 4 de xuño de 2017

Primeiro Amor

Fermoso vídeo baseado nun relato de Manuel Rivas e dramatizado por alumnado de 1º A Bac, dentro da materia de Lingua Galega.

mércores, 31 de maio de 2017

Relatos premiados na asociacíón vecinal IAR.

O sábado 27 de maio a Asociación IAR fixo entrega dos premios aos traballos do "Día das Letras Galegas",
Resultaron premiados no Monte das Moas Darío  Francos  de 1º ESO A, e Lucía Cabarcos, e Aitana Ruíz  de 2º ESO B.

Parabéns.