![]() |
| Jennifer de 1º B Bac, ...., Alba de 2º D ESO e Sergio de 2º D ESO. |
Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
martes, 29 de novembro de 2016
Premiados no concurso de Epitafios do Samaín
Velaquí os premiados no concurso deste ano dos Epitafios de Samaín.
luns, 28 de novembro de 2016
Plataforma veciñal contra a violencia de xénero
Deixamos aquí unha ligazón á nova que saliu hoxe na prensa sobre a constitución dunha plataforma contra a violencia de xénero, da que o noso centro, entre outros da contorna, é colaborador activo.
venres, 25 de novembro de 2016
Día contra a violencia de xénero
A biblioteca súmase á campaña internacional contra esta lacra coa exposición de logos non sexistas realizados polo alumnado de 1º de ESO e cunha proxección dunha presentación na propia biblioteca.
Cartel premiado
mércores, 9 de novembro de 2016
Premiados no concurso de "Sopa de Letras de Samaín"
Formación de Usurios 2016
Reportaxe fotográfica da Formación de Usuarios realizada na biblioteca co alumnado novo no centro e os premiados do concurso de "busca do libro perdido"
Formación de Usuarios 2016 on PhotoPeach
venres, 4 de novembro de 2016
LOGOS NON SEXISTAS
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A BIBLIOTECA do IES Monte das Moas, organiza un concurso para elaborar
LOGOS NON SEXISTAS
Agradécese a colaboración dos departamentos didácticos e dos titores do centro,
BASES:
Presentarase un lema e un debuxo alusivo ao tema do concurso
en A4
Data límite e lugar de entrega: 15 de decembro na
biblioteca.
PREMIOS:
Os traballos premiados serán publicados na páxina do centro e no blog da biblioteca e os gañadores recibirán unha camiseta estampada co
logo do seu traballo máis un vale para comprar material escolar.
XURADO: Persoal
docente e alumnado de 2º de Bacharelato.
domingo, 23 de outubro de 2016
Voluntariado na biblioteca
O pasado venres 21 fixemos entrega dos diplomas expedidos pola Xunta a todas as alumnas que o curso pasado realizaron labores de axuda á xestión na biblioteca.
Noraboa a todas, e MOITAS GRAZAS pola vosa colaboración.
martes, 18 de outubro de 2016
O PAPAGAIO. Nova revista na biblioteca.
Presentámosvos O PAPAGAIO, publicación mensual da editorial Moito Conto pensada especialmente para as escolas
Unha morea de contidos divertidos, interesantes e instrutivos. Vaivos gustar un montón
.
Unha morea de contidos divertidos, interesantes e instrutivos. Vaivos gustar un montón
.
domingo, 16 de outubro de 2016
Concurso de Microrrelatos de Medo
A biblioteca
do IES Monte das Moas e o departamento
de Lingua Castelá organiza un
Concurso de MICRORRELATOS para 2º de ESO.
Tema:
MEDO/TERROR
PRESENTACIÓN:
en medio folio, un máximo de 10 liñas, escritos a ordenador a dobre espazo,
calibrí 12. Os datos persoais (nome,
curso) por detrás.
DATA E
LUGAR DE ENTREGA: 15 novembro, na caixa de suxestións da biblioteca.
O 22 daranse
a coñecer os seleccionados.
PREMIOS: 1º
e 2º premios consistentes en regalos sorpresa relativos ao Samaín
Poderá
declararse deserto e tamén pode haber algún accésit.
XURADO:
persoal docente e alumnado de 2º de Bach.
Os textos
pasarán a ser propiedade do IES Monte das Moas
para unha posible publicación.
Concurso de EPITAFIOS
SAMAÍN
2016
III CONCURSO DE
EPITAFIOS
BASES:
1.
Poderá participar todo o alumnado que o desexe de calquera nivel. Poderanse
presentar un máximo de cinco epitafios por alumn@.
2.
Os textos deben estar redactados en lingua galega, SER ORIXINAIS, graciosos ou líricos, pero non
poderán ser ofensivos.
3.
Os traballos poden presentarse en
materiais como cartón, cartolina… e en calquera formato, pero procurando imitar
a forma dunha lápida. O nome do autor ou autora figurará pola parte de atrás,
así como o curso e o grupo.
4.
Premiarase a orixinalidade e a corrección lingüística.
5.
A data límite de entrega será o VENRES 4 de NOVEMBRO na biblioteca.
6.
O xurado estará formado por docentes.
PREMIOS:
Haberá un 1º, un 2º e un 3º premio, que serán agasallados con regalos
sorpresa relativos ao Samaín.
Que teñades unha sorte …. DE
MORTE!!!!!
sábado, 15 de outubro de 2016
Bob Dylan: Premio Nobel de Literatura.
BOB DYLAN, como cambiaron as cousas!!!
O cantautor estadounidense de case 76 anos foi galardoado este xoves pasado co máis prestixioso premio das letras.Inesperado aínda que merecido galardón (é a primeira vez que a academia sueca nomea a un músico) abre as portas a todos eses poetas da música que hai espallados polo noso planeta. Que siga medrando a lista, non hai cousa máis fermosa que a poesía para os oídos.
Se queredes saber máis deste artista, podedes mirar a súa páxina oficial, ligada ao seu nome, ou ben aquí.
Deixámosvos un vídeo ... para gozar.
mércores, 5 de outubro de 2016
Curso de "Youtubers" na biblioteca do Castrillón
A biblioteca do Castrillón pasounos esta interesantísima información sobre un cursillo para realizar vídeos de animación á lectura.
ANIMÁDEVOS!!!!
xoves, 29 de setembro de 2016
mércores, 14 de setembro de 2016
BENVID@S AO NOVO CURSO
Xa estamos outra vez de volta!!!!
Este ano recibímosvos con dous ordenadores máis e traballaremos arreo para conseguir satisfacer as vosas demandas: libros novos, máis exemplares dos máis lidos, máis concursos, etc, etc.
Polo de agora, deixámosvos aquí un precioso vídeo para soñar un pouco... con libros, claro..
Este ano recibímosvos con dous ordenadores máis e traballaremos arreo para conseguir satisfacer as vosas demandas: libros novos, máis exemplares dos máis lidos, máis concursos, etc, etc.
Polo de agora, deixámosvos aquí un precioso vídeo para soñar un pouco... con libros, claro..
Ánimo!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














