Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

mércores, 19 de novembro de 2025

VISITA DE 2º DE BACHARELAO Á EXPOSICIÓN DE CASTELAO NO GAIÁS

O alumnado de 2º de Bacharelato acudiu onte á exposición Castelao. Mirar por Galicia no Museo Gaiás na Cidade da Cultura.

A exposición representa a experiencia de arte dixital máis avanzada sobre a obra do autor e combinando intelixencia artificial, hologramas, animación 3D e realidade virtual imos asistindo a un relato que nos traslada unha visión interactiva e innovadora das achegas e o universo artístico do autor rianxeiro.

Trátase dunha reinterpretación artística do seu espírito creativo, sen perder o rigor documental no relato: unha homenaxe á súa figura e obra, desenvolvida co máximo coidado e precisión por un grupo de profesionais e creadores galegos. Ofrece ademais a oportunidade única de volver escoitar as palabras do intelectual, en galego e na súa propia voz, recreada a partir dun minucioso proceso que conxuga unha antoloxía de citas da súa autoría, o traballo de actores e locutores profesionais e a aplicación de tecnoloxía de intelixencia artificial.







xoves, 6 de novembro de 2025

PERSOAS GAÑADORAS DO DESEÑO DE MONSTROS ARREPIANTES

Estes son os deseños e as persoas gañadoras do Concurso de Monstros Arrepiantes organizado polo EDLG este Samaín.

Recibiron o seu premio no recreo de hoxe na biblioteca. Parabéns a todas!!

Daniella Rama Aradas (1º ESO A)

Marina Martín Allegue (2º ESO A)

Valeria Carnero Fernández (2º ESO C)

Antía Sueiro López (4º ESO C)

Manuela Díaz Real (4º ESO C)


Hugo Gentil Rey (1º ESO B)



martes, 4 de novembro de 2025

Exposición no Mes da Ciencia en Galego

No mes de novembro, "Mes da Ciencia en Galego", montouse unha exposición a través da cal o alumnado pode coñecer elementos naturais frecuentes na nosa comunidade. Acompáñase de carteis informativos con algunhas curiosidades, lendas e libros de ciencias en galego que se poden atopar na nosa biblioteca. Propúxose un concurso baixo o título "Cada ovella coa súa parella", para espertar o espírito indagador do alumnado.

Na última semana de novembro, o alumnado de 4º de PDC explicará aos seus compañeir@s doutros grupos a relación entre os diferentes compoñentes da exposición.


      



luns, 3 de novembro de 2025

Lecturas para o 25N na biblioteca

Xa están dispoñibles no noso expositor unhas recomensacións lectoras sobre muller, feminismo e obras literarias que abordan a problemática da violencia de xénero.

xoves, 30 de outubro de 2025

TABOLEIROS GAÑADORES NO CONCURSO DE SAMAÍN

Os taboleiros gañadores no Concurso do Samaín convocado polo EDLG son os das aulas de 1º ESO B e 2º ESO D.

Taboleiro de 1º ESO B

Taboleiro de 2º ESO D

Parabéns aos grupos gañadores e á titora e ao titor que os guiaron nestas arrepiantes creacións!!

Bo proveito desas monstruosas galletas que nos prepararon Anxos e Sandra!!



Grupo de 1º ESO B




Grupo de 2º ESO D

TABOLEIROS DE TERROR

samaín de Remoe a lingua

luns, 27 de outubro de 2025

EXPOSICIÓN DE MONSTROS ARREPIANTES

No vestíbulo da entrada podedes ver a exposición de monstros arrepiantes que deseñou o alumnado desde 1º ESO até 1º Bach para o concurso de Samaín convocado polo EDLG.

Podedes desfrutar das orixinais creacións terroríficas da rapazada de Moas!! Cales serán os gañadores?













mércores, 22 de outubro de 2025

CONCERTO DE PAULIÑA NO ÁGORA

O alumnado de 1º ESO puido asistir ao Ágora a unha charla e concerto coa música cambadesa Pauliña. Ademais de escoitar as súas cancións en galego, puideron conversar con ela sobre os seus gustos musicais, a súa traxectoria profesional e as súas inquedanzas para o futuro.

Esta actividade organizouse grazas ao convite do SNL do Concello da Coruña.







martes, 21 de outubro de 2025

LECTURAS DE TERROR NA BIBLIOTECA




Xa están listas no noso expositor as lecturas do tempo do Samaín, unha selección de libros de terror para todos os públicos. Vide á Biblioteca a escoller o voso preferido. Agardámosvos!!