Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

mércores, 30 de decembro de 2020

Recomendacións de lectura de Bibliomoas para un 2021 cheo de libros

Colaboración na "Leitura colaborativa-expansiva de Carvalho Calero" organizado polo EDLG do IES Milladoiro

Desde o EDLG do IES Milladoiro pedíronnos colaboración para sumarnos á súa chamada para a "Leitura colaborativa-expansiva de Carvalho Calero" na que participou a nosa alumna Ainhoa Tages de 1º Bacharelato B co seu recitado do poema "Maria Silêncio" e con ela elaboraron esta felicitación de Nadal cos enlaces a todas as listas de audios.

Tamén se recolle a nosa participación no programa de radio do IES Perdouro de Burela e que podedes escoitar neste enlace.

Felicitamos ao EDLG do IES Milladoiro e ao IES Perdouro de Burela pola realización deste interesante proxecto para homenaxear o persoeiro das Letras 2020. 



mércores, 16 de decembro de 2020

SAMAÍN 2020 en Bibliomoas

Esta semana na biblioteca entregamos os agasallos do Concurso do Samaín 2020 e do concurso do Día do Libro do curso pasado celebrado durante o confinamento. Podedes ver nesta publicación os relatos, debuxos e fotos gañadoras do Samaín e as persoas que os crearon recibindo os seus presentes.

luns, 30 de novembro de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO NO IES MONTE DAS MOAS

O Departamento de Tecnoloxía en colaboración con Bibliomoas coordinou estas presentacións sobre investigador@s galeg@s recoñecid@s polo seu labor na investigación e divulgación científica.

Podedes ver nestes documentos a importancia do traballo de moitas mulleres científicas en eidos nos que a súa presenza e visibilidade é por veces aínda inxustificadamente pouco recoñecida ou valorada.

Con esta publicación queremos contribuír ao seu recoñecemento e visibilización e tamén á impulsar a divulgación científica en lingua galega.


María José Alonso Fernández de Ariadna Alcalde Mahía (1º Bacharelato A)

Begoña Vila Costas, astrofísica de Marta Fernández e Aldara Pérez Cifuentes (4º ESO A)

María Wonenburger, matemática de Ana Isabel Díaz López (1º Bacharelato A)

Amparo Alonso Betanzos, enxeñeira química de Susana González Aller (1º Bacharelato B)

Marisol Soengas, científica e microbióloga de Ainhoa Mosteiro Lago (1º Bacharelato B)

Alicia Estévez Torazno, microbióloga de Lydia Sandá Celeiro (1º Bacharelato A)

Deborah García Bello, investigadora  de Brian Veiga Bueno  (1º Bacharelato A)

Ramón Núñez Centella, científico de Aitor Vigo Cruz (1º Bacharelato B)

As mozas nas TIC de Andrea Groba Camoiras  (2º Bacharelato A)


mércores, 28 de outubro de 2020

Concurso de relatos, audiocontos e fotos arrepiantes para o Samaín das Moas

Xa que chega o tempo do Samaín, imos sacar toda a nosa imaxinación máis terrorífica para crearmos historias, audiocontos e fotografías de medo, misterio ou até gore e macabras. Anímate a participar e poderás obter un agasallo!!

venres, 16 de outubro de 2020

Formación de usuarios na semana do Día das Bibliotecas

Neste curso en que as visitas físicas á nosa sala de lectura están limitadas polas medidas do protocolo desta época de pandemia, esta semana do 19 ao 23 de outubro previa ao Día das Bibliotecas o vindeiro 24 de outubro quixemos dedicala á formación de usuarios. 

Desde as aulas o profesorado que integra o equipo de biblioteca mostrará ao alumnado que acaba de chegar ao noso instituto, sobre todo aos de 1º da ESO, esta presentación para que poidan coñecer os nosos fondos, as normas da biblioteca para este curso e para que sintan que a biblioteca escolar continúa ofrecéndolle os seus materias e recursos para contribuír á súa formación académica e tamén ao desfrute da lectura nos seus tempos de lecer.


domingo, 4 de outubro de 2020

Homenaxe a Quino e a súa Mafalda

Esta fin de semana recibimos a triste noticia do pasamento do debuxante Quino. Mafalda é para nós unha das personaxes que máis alegría nos dá sempre nas bibliotecas e nunca nos cansamos de lela e de desfrutar da súa visión feminista, pacifista e crítica co mundo dos adultos. Aquí vos deixamos algunhas das súas tiras cómicas en diferentes idiomas e deseños feitos por diferentes debuxantes para homenaxear a figura do seu creador.


luns, 28 de setembro de 2020

Protocolo Covid Bibliomoas

Aquí tedes o protocolo máis ampliado das normas da biblioteca neste curso escolar. Mesmo que o acceso á nosa sala de lectura estea limitado, continuamos coas funcións da biblioteca para garantir que o alumnado poida consultar os nosos fondos. Continúa o servizo de empréstito de libros e filmes e a posibilidade de empregar algúns dos ordenadores de consulta. Tentaremos que a biblioteca poida no posíbel fornecer recursos que ofrezan unha mellora da calidade educativa do noso alumnado e que a lectura siga facendo parte da formación académica e do desfrute de toda a comunidade escolar.


luns, 14 de setembro de 2020

Revista O Son Rebuldeiro

Deixámosvos nesta entrada un novo número da nosa revista dixital, O Son Rebuldeiro, elaborada durante o curso 2019-2020 e na que podedes ver algunhas das actividades organizadas pola biblioteca e outros departamentos do noso instituto e gozar dos textos creativos e reflexivos do noso alumnado, moitos deles creados tamén durante o tempo do confinamento.


martes, 16 de xuño de 2020

A nosa guía de verán

Quentiña, directamente do forno presentámosvos as nosas recomendacións de verán. Podédes achegarvos á biblioteca cando veñades a polas notas se queredes mergullarvos nun mar de lecturas este verán.

luns, 8 de xuño de 2020

Fotos gañadoras do concurso "OS LIBROS CONFINADOS"

Non temos fotos coas agraciadas pero deixamos aquí a relación das fotos premiadas no IV Concurso dd Fotografía da Biblioteca.
Parabéns a todos os participantes, foi unha ledicia traballar con semellantes artiatas.

1º Premio:
PAULA RODEIRO IGLESIAS de 1º ESO C
Título: O confinamento lector
Preciosa foto que conxuga unha vista do noso barrio coa lectura en confinamento
 2º Premio:
LYDIA SANDÁ CELEIRO  de 4º ESO A
Título: Cun café, un libro e o pixama.

Que máis se pode pedir dun día en confinamento?
 3º Premio:
CLARA PARGA VERDÍA de 1º  ESO B
Título:A fábrica de soños.
Non hai mellor fábrica de soños que a lectura.

 

martes, 2 de xuño de 2020

TRABALLOS DO CLUB DE LECTURA DE HISTORIA DEL ROCK DE JORDI SIERRA I FABRA

Esta presentación sobre ABBA foi realizada pola alumna Sara Martínez no Club de Lectura coordinado por Alberto Fachado no que leron o libro Historia del rock de Jordi Sierra i Fabra.