Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

xoves, 22 de febreiro de 2018

Charla de LEDICIA COSTAS no instituto

Hoxe tivemos a honra de recibir á premiada autora no noso centro. Gozamos das súas historias, simpatía e cercanía...o alumnado non paraba de facerlle preguntas!!!
Emotiva charla para a nosa rapazada lectora e a que nos veu visitar doutros centros: IES Rafael Dieste, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Monelos e IES Agra do Orzán.

Grazas a todos por compartir esta experiencia e especialmente ao grupo de alumnas do club de lectura de 2º de ESO e á súa profesora, Carme Manso, por facer unha magnífica presentación da escritora.

Se premedes na foto poderedes ver unha reportaxe fotográfica do evento.
Rapazas do club de lectura de 2º ESO con Ledicia Costas

mércores, 14 de febreiro de 2018

LEDICIA COSTAS no IES Monte das Moas

O vindeiro xoves 22 de febreiro teremos a gran honra de recibir a LEDICIA COSTAS a escritora de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta que están a traballar no club de lectura de 2º de ESO.
Agardamos tamén a presenza de alumnado dos clubs de lectura do IES Rafael Dieste, do IES Menéndez Pidal, do IES Monelos e do IES Agra do Orzán.
 Deixámosvos tamén a información elaborada polo club de lectura sobre esta interesantísima obra, pósters que estarán expostos xunto cunha pequena mostra das súas obras na entrada do instituto .

xoves, 1 de febreiro de 2018

luns, 29 de xaneiro de 2018

luns, 15 de xaneiro de 2018

Entrega de premios aos mellores HAIKUS contra a violencia de xénero

O pasado venres fixemos entrega dos premios aos mellores Haikus ilustrados contra a violencia de xénero segundo un xurado formado por profesorado, alumnado e personal non docente.

1º PREMIO: Alba González , 3º C ESO
2º PREMIO:  Javier Fernández Guerra, 3º C ESO
3º PREMIO: Anira Albarellos Graña, 3º B ESO

Os tres premiados (de esquerda a dereita) Alba, Javier e Anira retratados ante as súas obras.

O haiku gañador

domingo, 17 de decembro de 2017

Entrega de premios do concurso de Samain

"O prometido é deuda" e como di o refrán, o pasado venres fixemos entrega dos premios de Samaín ás mellores concursantes de primeiro e segundo ciclo de ESO.
Sentimos moito o retraso, que se debeu a problemas coas compras dos agasallos, pero, como podedes aprezar nas fotos, chegaron con ben ás mans das gañadoras:
María Goday Prado de 4º A ESO

Sofía Losada García de 1º D ESO

mércores, 13 de decembro de 2017

Recomendacións de lecturas do Nadal

Un ano máis presentamos os "agasallos" lectores que recomendamos dende a biblioteca para este Nadal.
Para gozar!!!!

xoves, 23 de novembro de 2017

Día contra a violencia de xénero

O IES MONTE DAS MOAS 
contra as violencias machistas.
Recursos:
EDUCANDO EN IGUALDADE 

A Biblioteca, espazo libre de violencias machistas

mércores, 15 de novembro de 2017

Mes da Ciencia en Galego: actividades


Actividades:

  • Exposición de HARDWARE. As partes dun ordenador
TICs 4º ESO. Profesora coordinadora: Patricia Muñoz.
  • Exposición traballos realizados por alumnado 
"Os minerais na vida cotiá"
Ciencias Naturaís 1º ESO. Profesora coordinadora: Fabiola Cobián
  • Exposición na biblioteca de libros de CIENCIA EN GALEGO.
  • PARCHÍS CIENTÍFICO na biblioteca.
REPORTAXE FOTOGRÁFICA


luns, 13 de novembro de 2017

Formación de Usuarios: Entrega de agasallos.

Como xa é  tradicional vimos de entregar uns pequenos agasallos ao alumnado de 1º de ESO que participou no concurso posterior á sesión de formación de usuarios realizada na biblioteca.
Estes foros os alumnos e alumnas que mellor fixeron o cuestionario:
1º D: Andrea, Sara, Marina, Sofía e Laura

!º C: Izan, Gabriel, Simón e Diego
1º B: Estrella, Irene, Celia, Zoe e Laura

1º A ESO: Andrea Chorén, Andrea Zampalo Brais Diego e Érika

luns, 30 de outubro de 2017

Concurso ARREPIANTE DE SAMAÍN - 3º e 4º ESO

CONCURSO DE PISTAS DE SAMAÍN dirixido a alumnado de 3º e 4º de ESO

Trátase de descubrir o nome dunha obra literaria de recente publicación seguindo as pistas que vos deixamos a continuación.

BASES:
As respostas deberán ser enviadas ao enderezo de correo da biblioteca: bibliomontemoas@gmail.com
  • No correo deberá constar:
  1.  O nome do/a alumno/a e o seu curso e grupo.
  2. O título da obra que buscamos e o seu autor.
  • Non se admitirán respostas despois do día 6 de novembro ás 12 da noite.
PREMIOS:
Unha película en formato DVD ou Blue Ray da elección do/a gañador/a
Un agasallo sorpresa.

De haber empate o premio será adxudicado a sorteo.

domingo, 29 de outubro de 2017

CONCURSO ARREPIANTE De SAMAÍN para 1º e 2º de ESO

A BIBLIOTECA do IES  Monte das Moas presenta un concurso coa finalidade de descubrir 
o nome dunha obra literaria segundo as pistas que se dan a continuación.

As respostas ás pistas están TODAS na exposición de MEDO E MISTERIO da biblio e aquí neste blog.
  • As respostas deberán ser enviadas ao enderezo de correo da biblioteca: bibliomontemoas@gmail.com
  • No correo deberá constar:
  1.  O nome do/a alumno/a e o seu curso e grupo.
  2. O título da obra que buscamos e o seu autor.
  • O prazo remata o día 10 de novembro ás 12 da noite.
PREMIOS:
Unha película en formato DVD ou Blue Ray da elección do/a gañador/a
Un agasallo sorpresa.

De haber empate o premio será adxudicado por sorteo.

.

mércores, 25 de outubro de 2017

Formación de Usuarios 2017/18

Presentamos aquí unha pequena mostra do que aconteceu este ano na formación de usuarios para o alumnado de 1º de ESO.
Despois da charla informativa a rapazada xogou a encontrar libros e contestar unhas cantas preguntas sobre o funcionamento da biblioteca.
A semana que vén daremos conta dos gañadores do pequeno concurso.

Formación de Usuarios 2017/18 on PhotoPeach

domingo, 15 de outubro de 2017

Caza do tesouro do SAMAÍN

En breve dará comezo unha arrepiante CAZA DO TESOURO na biblioteca.

Ide preparando ... as cabezas...ou as cabazas



xoves, 5 de outubro de 2017

Kazuo Ishiguro: Novo premio Nobel de literatura


Despois da polémica do ano pasado pola concesión deste importante premio ao cantautor Bob Dylan, a academia Sueca volve ao terreo da litaratura galardoando ao escritor inglés, de orixe xaponesa, Kazuo Ishiguro quen é especialmente valorado polas súas historias de amplo espectro emocional. 

Algunhas das súas obras foron levadas ao cine, sendo a máis recoñecida Los restos del Día, que no noso país pasaría a ser titulada Lo que queda del día, con Antony Hopkins  e Emma Thomson como protagonistas. 

Deixamos aquí as portadas de dúas das obras máis importantes do autor e un pequeno vídeo para coñecelo un pouco mellor.