Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

martes, 20 de xuño de 2017

Premios aos máis lectores

Esta mañá entregamos os premios a dous dos rapaces máis lectores do noso centro, grazas aos seus "LECTURÓMETROS", que fan as veces de marcapáxinas, recordatorio de devolución e carnet da biblioteca.
Parabéns e ....seguide así.
Martina Gómez de 2º ESO E
e
Daniel Mourelle Saavedra  de 1º ESO C

Recomendacións para o verán.

Deixámosvos aquí as recomendacións da biblioteca para este verán
Visítanos!!!!


venres, 16 de xuño de 2017

Premios aos mellores "FOTOLECTORES"

Publicamos os gañadores aos premios ás mellores fotografías de tema lector. Faremos entrega dos premios na biblioteca o vindeiro LUNS 19 no recreo.
1º PREMIO:
Alba González Ramos. 2º ESO D
"A lectura, un universo paralelo"
Alba co seu premio.

2º PREMIO:
Iria Losada García. 2º BAC A
"Intruso noutro mundo"
Iria ao lado da súa obra.
3º PREMIO:
Águeda Millán Pena. 1º ESO D
"Reflexos"
Águeda coa súa foto


ACCÉSIT:
Martina M. Gómez. 2º ESO E
"Lendo como pitufos"
Martina tamén acadou un pequeno agasallo





domingo, 4 de xuño de 2017

Primeiro Amor

Fermoso vídeo baseado nun relato de Manuel Rivas e dramatizado por alumnado de 1º A Bac, dentro da materia de Lingua Galega.

mércores, 31 de maio de 2017

Relatos premiados na asociacíón vecinal IAR.

O sábado 27 de maio a Asociación IAR fixo entrega dos premios aos traballos do "Día das Letras Galegas",
Resultaron premiados no Monte das Moas Darío  Francos  de 1º ESO A, e Lucía Cabarcos, e Aitana Ruíz  de 2º ESO B.

Parabéns.

luns, 29 de maio de 2017

Carlos Casares. Premiados no IES Monte das Moas

Tras os eventos organizados para conmemorar as Letras Galegas, facemos entrega dos premios aos mellores traballos en ilustración de camisetas e murais homenaxe a Carlos Casares.
Aí vai

Homenaxe a Carlos Casares no IES Monte das Moas on PhotoPeach

domingo, 28 de maio de 2017

Premios DADO 2017

O pasado martes 23 a rapazada dos nosos clubs de lectura asistiu a  unha gala no Ágora organizada polo grupo DADO para festexar as Letras Galegas e facer entrega duns premios aos mellores microrrelatos de entre os seis centros participantes (IES Monelos, Agra do Orzán, Elviña, Zalaeta, Rafael Dieste e nós, claro está) Desgraciadamente non acadamos ningún dos galardóns pero as nosas rapazas participantes dos Rebuldeiros de 1º de ESO fixérono moi ben e pasaron un bo rato. Outra vez será.
Parabéns tanto aos premiados como aos organizadores: profesores e alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) e persoal da biblioteca Municipal do Ágora.

Aquí vos deixamos un pequeno reconto gráfico do evento.

luns, 15 de maio de 2017

Homenaxe a Carlos Casares

Preciosa animación realizada pola alumna Andrea Grobas de 2º E ESO para homenaxear ao autor Carlos Casares.
Para gozar!!!

xoves, 4 de maio de 2017

XXII Día da Ciencia na Rúa.

O vindeiro sábado 6 o noso centro participa  nesta interesante actividade cun "stand"sobre electricidade. 
Para saber máis clicade no póster e ide á páxina 34 do documento (descrición do noso centro, acticidades, participantes e profesorado implicado.

luns, 1 de maio de 2017

O "Telón de Aquiles" volve ao ataque

O grupo de teatro do centro  "Telón de Aquiles" volve este ano con enerxías renovadas... e tanto!!!!. Presentan dúas obras e estarán en cartel en diferentes sitios e datas como amosamos nestes cartaces.

Especial atención ao día 12 de maio no que farán dúas funcións seguidas no IES Calvo Sotelo e necesitan do noso apoio e calor:



xoves, 20 de abril de 2017

Actividades na SEMANA DO LIBRO


Como todos os anos celébrase a nivel mundial o DÍA DO LIBRO o 23 de abril. 
Este ano cadra en domingo pero no noso centro xa temos preparadas unha manchea de actividades.

Pasen e vean:
  • Mercado solidario de libros de 2ª man.
Será a terceira edición deste mercado  no que poñeremos, no corredor principal, libros de 2ª man procedentes de doazóns de toda a comunidade escolar a prezos moi módicos. A recadación será destinada, como en outras ocasións a unha ONG local.
  •  I Concurso de fotografía “FOTOLECTORES”
Un divertido concurso fotográfico aberto a todo o alumnado no que queremos recoller simpáticas fotos de temática lectora. As bases serán publicadas en breve neste blog e distribuídas por todo o centro. Grandes premios!!!
  • Exposición de NOVIDADES na biblioteca
Un ano máis faremos un último esforzo para presentarvos lecturas de todo tipo e adecuadas a todo tipo de lectores (biografías, divulgación, literatura, pensamento...)
  • Gran “Photocall” co Quixote.
A gran sorpresa é un gran cartaz tirado dunha magnífica ilustración do Quixote de Gustavo Doré  coa que todos nos podemos fotografar. Atrévete!

Cartel de presentación de Actividades:

mércores, 19 de abril de 2017

Os libros namorados, premiados

Xusto antes das vacacións de Semana Santa fixemos entrega dos premios aos mellores libro-poemas de temática amorosa. Todo o mundo tivo un pequeno agasallo pola súa participación.


Os premiados (de esquerda a dereita ):
Aitana Ruiz e Lucía  Cabarcos de 2º ESO B e
Sara Sanz e Manuel de 1º de ESO
Os participantes recollendo o seu pequeno agasallo

luns, 10 de abril de 2017

Recollida de premios na Biblioteca do Castrillón

O pasado martes 4 de abril o alumnado de 3º de ESO visitou a biblioteca do Castrillón para recibir os premios correspondentes ao concurso de Cartas de Amor organizado por dita biblioteca.
Os agraciados foron:
Francisco Manuel Villaverde , cunha emotiva  carta dedicada ao seu can e Adrián Janeiro con outra preciosa misiva dedicada á súa nai.

Merecidos parabéns aos dous!

Concurso Cartas de Amor on PhotoPeach

martes, 4 de abril de 2017

Animación á lectura

O alumnado da materia de "Música e Cine" elaborou uns orixinais cartaces para fomentar a lectura entre a nosa rapazada.
Moitísimas grazas!!!!