Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

domingo, 29 de xaneiro de 2017

Día da Paz

O día 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da Paz e a Non-violencia.
Queres saber por que ou desde cando se celebra?
Pincha na foto e o veredes. Na páxina web ofrécense múltiples recursos para traballar a temática da paz.

E lembrade....se sodes de 4º de ESO ou de  1º de Bac, hai convocado un concurso de relatos no que queremos que nos contedes AS OUTRAS HISTORIAS POSIBLES.



Microrrelatos de Terror

Presentamos unha pequena publicación cos 4 relatos gañadores no concurso de Microrrelatos de Terror convocado pola Biblioteca e o Departamento de Lingua Castelá no mes de novembro. Esperamos que vos gusten.

Murais contra a Violencia de Xénero

Amosamos aquí os murais presentados polo noso alumnado, xunto con outros dos colexios da contorna, o concurso promovido pola PLATAFORMA VECIÑAL COTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO coa que colaboramos.



xoves, 19 de xaneiro de 2017

Marilar Aleixandre ingresou o 14 de xaneiro como membro numerario da RAG

Marilar Aleixandre (1947. Madrid), foi pioneira no ensino das ciencias en lingua galega e figura relevante na investigación en didáctica das ciencias en Europa. Na actualidade é Catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais na USC,
Como escritora de literatura infantil e xuvenil, é  muller comprometida e moi reivindicativa, foi  premiada repetidas veces e ten publicadas ata a actualidade 20 obras. Sóanvos : A banda sen futuro , ou  A expedición do Pacífico,...?
A autora tamén escribe literatura para adultos, poesía e ensaio, e seguro que lestes unha das súas traducións  Harry Potter e a pedra filosofal .
Na RAG ocupará a vacante deixada por Xosé Neira Vilas. No seu discurso de ingreso“Voces termando da paisaxe galega”, reafirma dúas das constantes como escritora: o respecto polo medio natural e a defensa do feminismo,
 A nova académica ocupará así o sillón que quedou baleiro tras o falecemento de Xosé Neira Vilas. Na sesión de recepción lerá un discurso titulado 'Voces termando da paisaxe galega', ao que responderá a membro numerario da RAG Fina Casalderrey.
Marilar Aleixandre, nacida en Madrid en 1947, chegou a Galicia a mediados dos 70 para empezar a traballar como catedrática de ensino secundario en Vigo. En terras galegas, participou activamente na resistencia clandestina ao franquismo, foi líder do movemento veciñal e participou na fundación da primeira asociación feminista galega, entre outras cuestións.


Marilar na nosa biblioteca:

martes, 17 de xaneiro de 2017

CONTOS DE GUERRA E PAZ. As outras historias posibles

Concurso de relato curto




“Contos de Guerra e Paz”
A Biblioteca do IES Monte das Moas convoca un concurso  de creación literaria para celebrar o Día da Paz
BASES:
·         Pode concursar todo o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
·         O concurso consistirá na elaboración dun relato baseado nun dos cadros da exposición da  biblioteca.
·         Os relatos deberán ter entre 200- 250 palabras e estar escritos en galego. Entregaranse por correo electrónico no seguinte enderezo: bibliomontemoas@gmail.com  antes do 10 de febreiro cos datos d@s autor@s (nome completo e curso).
·         O texto consistirá nunha historia orixinal e baseada nos personaxes ou as situacións que aparecen no cadro escollido. Trátase de contar “as outras historias posibles”.
·         É imprescindible indicar o número do cadro seleccionado e elaborar un título axeitado para os relatos que se presentan.

XURADO:
O xurado estará composto por membros do equipo de dinamización da biblioteca
PREMIO:
1º Premio : Tarxeta FNAC por valor de 40 euros
2º premio: Tarxeta FNAC por valor de 20 euros
3º premio: Dúas entradas de cine
Os premios poden quedar desertos de non cumprir coa calidade axeitada ou coas condicións de presentación.

Os relatos gañadores pasarán a ser propiedade da biblioteca para a súa  posible publicación posterior.

luns, 19 de decembro de 2016

Boletín de NADAL

Acaba de sair quentiño, quentiño o primeiro boletín de Nadal editado pola biblioteca e elaborado polo alumnado da materia de INEIN (Investigación e Tratamento da Información) de 2º de ESO.
É moi pequeniño e de fácil lectura. Esperamos que vos guste e que o ano que vén o poidamos ampliar.
Picade na imaxe para velo.



mércores, 14 de decembro de 2016

Entrega de premios.

Hoxe fixemos entrega dos premios correspondentes aos concursos de "Microrrelatos de Terror"e o de "Logos contra a violencia de xénero"

Dous son os relatos gañadores do primeiro concurso:

  • 1º Premio: La Habitación de Lucía Cabarcos (2º B ESO)
  • 2º Premio: Brenda Ramírez  (2º C ESO)

Ambolos dous relatos e os dous finalistas serán publicados en breve neste mesmo espazo.

Lucía Cabarcos recolle o premio.

En canto ao concurso de Logos non sexistas convocado pola biblioteca para o alumnado de 1º de ESO, a agraciada foi Carolina González de 1º A ESO que foi premiada cunha camiseta estampada co seu logo.

Carolina, á esquerda,  recollendo un pequeno agasallo 

O logo gañador

xoves, 1 de decembro de 2016

Eduardo Mendoza. Premio Cervantes 2016


O escritor catalán Eduardo Mendoza ven de recibir o premio Cervantes 2016, o equivalente ao Nobel das letras Españolas.
O autor de El misterio de la cripta embrujada ou  La ciudad de los prodigios, consegue así un dos galardóns máis ansiados por calquera escritor de fala hispana, e non sen méritos: unido a unha carreira profesional chea de "best-sellers" vai unha calidade literaria indiscutible.
Na biblioteca encontraredes unha mini-exposición dalgunhas das súas obras máis relevantes.


martes, 29 de novembro de 2016

Premiados no concurso de Epitafios do Samaín

Velaquí os premiados no concurso deste ano dos Epitafios de Samaín.

Jennifer de 1º B Bac, ...., Alba de 2º D ESO e Sergio de 2º D ESO.

luns, 28 de novembro de 2016

Plataforma veciñal contra a violencia de xénero

Deixamos aquí unha ligazón á nova que saliu hoxe na prensa sobre a constitución dunha plataforma contra a violencia de xénero, da que o noso  centro, entre outros da contorna, é colaborador activo.

venres, 25 de novembro de 2016

Día contra a violencia de xénero


A biblioteca súmase á campaña internacional contra esta lacra coa exposición de logos non sexistas realizados polo alumnado de 1º de ESO e cunha proxección dunha presentación na propia biblioteca.

Cartel premiado






mércores, 9 de novembro de 2016

Premiados no concurso de "Sopa de Letras de Samaín"

O pasado venres fixemos entrega aos premiados do concurso de Samaín que a biblioteca organizou para 1º de ESO.

Estos foron os premiados:
Candela Nogareda 1º A

Susana González 1º B
Daniel Mourelle 1º C

Lucía González 1º D
Sofía Gómez 1º E

Ainhoa Sánchez 2º C (Ref.)

Formación de Usurios 2016

Reportaxe fotográfica da Formación de Usuarios realizada na biblioteca co alumnado novo no centro e os premiados do concurso de "busca do libro perdido"

Formación de Usuarios 2016 on PhotoPeach

venres, 4 de novembro de 2016

LOGOS NON SEXISTAS

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



A BIBLIOTECA do IES Monte das  Moas, organiza un concurso para elaborar

LOGOS NON SEXISTAS

Agradécese a colaboración dos departamentos didácticos  e dos titores do centro,

BASES:

Presentarase un lema e un debuxo alusivo ao tema do concurso en A4
Data límite  e lugar de entrega: 15 de decembro na biblioteca.

PREMIOS:

Os traballos premiados serán publicados na páxina do  centro e no blog da biblioteca  e os gañadores recibirán unha camiseta estampada  co logo do seu traballo  máis un vale para comprar material escolar.


XURADO: Persoal docente e alumnado de 2º de Bacharelato.

Concurso carteis contra a violencia de xénero