Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

venres, 10 de febreiro de 2023

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Hoxe persoal da biblioteca do Castrillón acudiu ás aulas de 2º ESO para presentarlles un concurso de cartas de amor.

Presentaron suxestións de lectura, deron a coñecer o servizo da biblioteca e propuxéronlle participar no concurso das cartas de amor, facéndoo coincidir co 14 de febreiro, aínda que non ten por que tratarse de amor romántico.

Algunhas das propostas de lectura foron Besos, Heartstopper, un libro de banda deseñada de Manel Cráneo, libros de poesía, etc.

As cartas expoñeranse na biblioteca e alí será tamén a entrega de premios.








Ningún comentario:

Publicar un comentario