Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 26 de novembro de 2018

Contra a Violencia

Vídeo elaborado por alumnado de 1º de ESO D contra a violencia de xénero e o cartel coas fotos do visionado na biblioteca o pasado venres 23.


domingo, 11 de novembro de 2018

Contos Premiados

1º Premio: Sara Sanz Fonta- 3º ESO D
   Velaquí tendes as fotos das rapazas premiadas polos seus relatos de terror e os catro contos: dous primeiros premios e dous accésits.
2º Premio: Gabriela Álvarez Lomberdero 1º D ESO

Ana I. Díaz López 3º C ESO
Á dereita, Greta González Mancebo 1º D ESO







martes, 30 de outubro de 2018

SAMAÍN na Biblioteca. Uuuuuuhhhhhhhh!!!!

Pasamos un recreo terrorífico coa lectura dos marabillosos contos de medo de  da ESO  nunha biblioteca decorada con  arrepiantes morcegos e cabazas realizadas por alumnado de 1º e 2º de ESO 
Deixámosvos aquí unha pequena presentación das actividades máis un vídeo coas lecturas dos contos. Pasen e vexan...


martes, 23 de outubro de 2018

Chega o terrorífico SAMAÍN

Atréveste a pasar un "mal" rato con estes pasatempos?
ADIANTE!!!. Descárgaos e fainos nun "tris-tras"

Pasatempos do Samaín by on Scribd

domingo, 21 de outubro de 2018

FORMACIÓN DE USUARIOS: Xogo de "Kahoot"

Se prestastes atención na sesión de FORMACIÓN DE USUARIOS, seredes quen de acertar todas as preguntas deste xogo online. Segue as instrucións e...
.
A XOGAR e GAÑAR!!!

  • Terás que ter a APP "Kahoot" instalada no teu dispositivo móbil.
  • Este é o PIN para poder xogar: 0123125
  • Non te esquezas de poñer o teu nome e curso no "Nickname"


Os resultados chegarán á biblio e os mellores terán un pequeno agasallo.

Sorte!!!

mércores, 10 de outubro de 2018

Diplomas para as Voluntarias da Biblioteca

A semana pasada fixemos entrega dos diplomas ás rapazas que axudaron na xestión da biblioteca o ano pasado.
Velaquí dúas fotos con algunhas delas.
A semana que vén iniciamos a inscrición para os novos voluntarios deste ano. ANIMÁDEVOS.



xoves, 28 de xuño de 2018

Actividades na biblio

Remata o curso e aquí vos deixamos unha pequena memoria das actividades realizadas polo equipo da biblioteca durante todo o curso.

Feliz verán, e felices lecturas a todos!!!!

xoves, 21 de xuño de 2018

Entrega dos últimos premios da biblioteca

Onte, mércores 20,fixemos entrega dos últimos premios de concursos convocados pola biblioteca.
Aquí vos deixamos as imaxes.

Premiados no concurso de FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
De  esquerda a dereita Alba, Simón, Aldara e Águeda.

1º PREMIO:  
O triángulo "escalero"

Simón Lago Hermida  de 1º C ESO
2ºs PREMIOS:
Aldara Pérez Cifuentes de 1º C ESO e Alba González Ramos de 3º C

3º PREMIO:
Águeda Millán Pena de 2º D


 CALIGRAMAS
María Rey Fernández de 3º C ESO
LECTURÓMETRO
Aitana Ruíz Suárez  de 3º B ESO

luns, 11 de xuño de 2018

Guía de verán

Recén saída do forno a nosa guía de recomendacións lectoras para este verán 2018.
Refréscate coa lectura!!!!