Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

martes, 29 de decembro de 2015

Reproducións Históricas

Velaquí a última exposición presentada pola biblioteca e elaborada polo Departamento de CCSS. Trátase dunha serie de documentos e outras reproducións históricas que ilustran o modo de vida na España dos séculos XVIII ao XIX.

A exposición continuará na Biblioteca ata mediados do mes de xaneiro.

martes, 22 de decembro de 2015

Premiados no concurso do Tríptico de Nadal

Grazas a todos os que participastes no concurso do Tríptico de recomendacións lectoras da biblioteca.
Estes son os nomes dos gañadores:

        •  María Varela Diéguez
  • Javier Fernández Guerra
  • Miguel Cagigao
  • Adrián Chans Fernández
  • Anira Albarellos
Todos de 1º D de ESO.
Noraboa aos premiados. Pasade a recoller o voso agasallo no recreo do día 8 de xaneiro na BIBLIOTECA.

FELICES FESTAS!!!!!!

xoves, 17 de decembro de 2015

Concurso de monólogos

Cun monólogo moi divertido, da súa propia autoría, e con moi pouco ensaio, a alumna Coral López Viqueira de 4º A gañou o 1º premio no VI Concurso de Monólogos do concello de A Coruña no apartado de 2º ciclo de Secundaria co tema:   “Ás 12 en casa”

PARABENS!!!!

VI Concurso de Monólogos do Concello de A Coruña on PhotoPeach

luns, 14 de decembro de 2015

Recomendacións de Nadal


Presentamos un pequeno tríptico de recomendacións da biblioteca para este Nadal. Pouco espazo para tantas cousas que temos que ofertar, así que mellor que vos deades unha volta pola biblio para ver que vos podedes levar para pasar un bo rato nestas festas.

Ah! Como novidade incluimos un concurso para descifrar de quen é o texto que está na portada do tríptico. Lede as bases nel, se cadra aínda vos levades outro regalo de Nadal.


FELICES LECTURAS A TOD@S!!!!!

luns, 7 de decembro de 2015

Prohibido Leer a Lewis Carroll

Os Lectores Rebuldeiros de 2º de ESO dan coas razóns de por que non se pode ler a tan insigne autor despois de gozar deste divertidísimo libro de Diego Arboleda.
Publicamos aquí o noso pequeno vídeo, tamén dispoñible en LECTURAS REBULDEIRAS.

domingo, 29 de novembro de 2015

Homenaxe a Neira Vilas

O venres 27 falecía na súa casa de Gres (Vila de Cruces) o autor de Memorias dun neno labrego, a obra que se pode considerar como o maior best-seller da literatura galega. 

Con este vídeo editado pola librería Cartabón de Vigo, a biblioteca deste centro quere unirse a un sentido homenaxe a este inesquecible valor da nosa cultura.


NEIRA VILAS na nosa biblioteca


martes, 24 de novembro de 2015

Violencia de Xénero: I Concurso de Conto ou Relato Breve

I Concurso de Conto
ou Relato Breve

IES MONTE DAS MOAS


A Biblioteca e os Departamentos de Lingua Galega e Castelá  organizan un concurso para os grandes escritores dos últimos cursos do centro (4º de ESO, 1º e 2º de BAC.)

·        TEMAS

-       Violencia de Xénero
-       Paz
-       Guerras
-       Conflitos
-       Violencia en xeral

·        PRESENTACIÓN:

Poderanse presentar relatos nun mínimo espazo dun folio e nun máximo de tres, que cumpran os seguintes requisitos:
-       Lingua galega ou castelá
-       DinA4
-       Dobre espazo
-       Calibri 12

·        DATA DE ENTREGA

Convocamos o concurso o día 25 de novembro (Día Internacional Contra a Violencia de Xénero) e a data límite de entrega será o venres 19 de febreiro.

·        FORMA DE ENTREGA DOS RELATOS

Os relatos serán entregados en man na biblioteca, nun sobre anónimo cun lema ou título. Dentro e noutro sobre pechado, constarán os datos dos concursantes, (nome, apelidos e curso).

·        PREMIOS

Haberá un primeiro, un segundo, un terceiro premio e a posibilidade dun accésit ou ben de declaralo deserto no caso de non cumpriren os requisitos arriba mencionados.
1º PREMIO: 50€  nunha tarxeta FNAC
2º PREMIO: 30€   “           “         “
3º PREMIO: 20€   “            “         “

·        XURADO

O xurado estará formado por persoal docente

Os textos pasarán a ser propiedade do IES Monte das Moas para unha posible utilización como guións teatrais, vídeos, sombras chinesas, etc



Violencia de Xénero. Un experimento social.

A violencia de xénero non entende de países, nin de clases sociais, nin de razas...
Como mostra, mirade este impactante vídeo sobre a  reacción de cidadáns  de a pé ante conductas violentas contra mulleres nun ascensor. 
INCRIBLE!!!!

martes, 17 de novembro de 2015

Teatro de sombras chinesas: O vídeo

Por fin podemos presentarvos o vídeo coa gravación completa do teatro de sombras chinesas que se está a representar durante todo este mes no instituto. Son algo menos de 12 minutos que ilustran un grandísimo traballo de meses que hai detrás.
Grazas a tod@s os que conseguistes que este proxecto saíra adiante.

Os tres irmáns from Biblioteca Monte das Moas on Vimeo.

domingo, 15 de novembro de 2015

Premiad@s no concurso de Epitafios

Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe sobre o Concurso de Epitafios no que resultaron premiados:
1º Premio: Alba González de 1ª ESO A con 7 puntos
2º Premio: Lucía Gándara de 2º ESO C  con 6 puntos
Dous 3ºs Premios para Antón Liñares de 1º ESO D e María Rey de 1º ESO E, ámbolos dous con 4 puntos.

xoves, 12 de novembro de 2015

Formación de Usuarios: As fotos

Un ano máis fixemos unha pequena sesión de Formación de Usuarios da Biblioteca para todo o alumnado de 1º de ESO. Trala sesión de formación houbo un pequeno concurso para comprobar o grao de atención á explicación e esta semana entregamos os agasallos aos gañadores:

1º A: Martina, Alba, Alejandra e Tabitha
1º B: José Luis, Lilibeth, Andrea Castañedo e Sergio
1º C: Lorena, Laura, Ángel e Aitor
1º D: Francisco, Mario, Pablo e Antón.
1º E: Oliver, Iago, Carla e Andrea López.

Aquí tendes un collage con algunhas das fotos.

luns, 9 de novembro de 2015

Sombras Chinesas

Hoxe vimos de representar a magnífica adaptación dun conto da autora J.K. Rowling en formato de sombras chinesas. Un traballo colaborativo de moita envergadura baixo a batuta do profesor Rafael Alonso.

Parabéns a tod@s @s que fixeron posible este pequeno gran traballo, en especial aos actores e ao departamento de debuxo.

Deixámosvos aquí a carteleira e unhas poucas fotos á espera de montar o vídeo que dá conta de todo o espectáculo.

Sombras Chinesas no IES Monte das Moas on PhotoPeach

martes, 3 de novembro de 2015

Exposición "O Patrimonio Marítimo de Galicia"

Co gallo do Día da Ciencia en Galego, e xunto cunha exposición de novidades de divulgación científica na bilioteca, vimos de presentar unha exposición no centro cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) :
O Patrimonio Marítimo de Galicia.
Para traballar con dita exposición, a biblioteca elaborou un cuestionario orientado ao alumnado da ESO para o seu aproveitamento nas materias de Galego, Xeografía e Historia, Ciencias Naturais ou ben nas horas das titorías.

A exposición estará no centro ata o día 18 deste mes
Podes descargar a folla de traballo AQUÍ

Día da Ciencia en Galego

Mañá 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego.


Ofrecémosvos na biblioteca dúas esposicións co gallo de tan interesante día:
-  Por unha banda unha pequena mostra das novas adquisicións de libros con temática científica en GALEGO
- Por outra, unha extensión da exposición instalada no corredor "O Patrimonio Marítimo de Galicia" .
Con estas dúas accións queremos aunar a cultura científica na nosa lingua e a etnográfica.

Para os alumnos de 1º de BAC haberá unha videoconferencia no salón de actos ofrecida pola Coordinadora Galega de ENDL na que o científico Xurxo Mariño da USC lles ofrecerá unha charla.


domingo, 25 de outubro de 2015

Día da Biblioteca Escolar

Cada 24 de outubro, celébrase no noso país un evento moi especial para nós: 
O DÍA DA BIBLIOTECA
Ese día  réndese unha merecida homenaxe  aos bibliotecarios e bibliotecarias polo seu fantástico labor para fomentar a lectura.
Na nosa biblioteca aproveitamos esta data para organizar unha xeira de sesións co obxectivo de formar aos nosos lectores máis novos na procura de libros dentro da nosa biblioteca.

A presentación queda como segue:
Calquera sitio pode ser bo para montar
 unha boa biblioteca.
Qué vos parece esta?