Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

xoves, 31 de outubro de 2024

LECTURAS DRAMATIZADAS DE TERROR E ENTREGA DE PREMIOS

 As persoas gañadoras do Concurso de Microrrelatos de terror ilustrado na ESO son:

Irina García Lorenzo 1º ESO D

Gonzalo Escudero Castro 2º ESO C

Irene  Rodríguez Pawlow de 3º ESO B

Paula González Portas de 4º ESO C

A entrega de premios fíxose logo da lectura dramatizada dos seus relatos na biblioteca durante os recreos o mércores 30 de outubro.

Parabéns a todas as persoas participantes e ás gañadoras!!





















EXPOSICIÓN DE MICRORRELATOS ILUSTRADOS DE TERROR

 


























TABOLEIROS DE TERROR DO SAMAÍN 2024 NAS MOAS










venres, 18 de outubro de 2024

FORMACIÓN DE USUARIOS

Durante todo o primeiro trimestre estamos a realizar a formación dos novos usuarios da biblioteca. Para iso temos unha presentación actualizada que está dispoñible na páxina web do noso IES e que vos deixamos enlazada nesta entrada. 

É moi útil para todos aqueles que precisedes un repaso do xeito de buscar un libro ou do funcionamento e normas da noa bilio. Premede no enlace vermello para poder disfutala.

FORMACIÓN DE USUARIOS 

Velaquí tedes os alumnos de 1º ESO E asistindo a formación.




DÍA DAS ESCRITORAS

    Este ano o día das escritoras celebrouse o 14 de outubro.  Esta IX edición adicouse a facer homenaxe a aquelas mulleres que "miraron" cara o mundo rural. Nós, particularmente, tamén nos fixamos en aquelas que se adicaron ao teatro e, por suposto, a todas as escritoras que traballaron nas diferentes linguas que se estudan no centro.

    Traballaron no tema os alumnos de 1º e 2º de ESO por grupos. Cada un ocupouse dunha escritora e presentámola en forma de organizador gráfico, para que todos podamos profundar máis nas súas obras.







luns, 7 de outubro de 2024

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE TERROR NA BIBLIOTECA

O Samaín xa chegou a Moas! Se queredes ler relatos arrepiantes xa tedes unha selección de clásicos (e non tan clásicos) de terror no expositor da Biblioteca. Asemade, os nosos concursos para este mes.
Boas e terroríficas lecturas!!!






mércores, 2 de outubro de 2024

 CONCURSO CREATIVOS DE SAMAÍN MONTE DAS MOAS 2024

MICRORRELATOS ILUSTRADOS DE TERROR

BANDA DESEÑADA DE TERROR

O alumnado desde 1º da ESO até 1º de Bacharelato poderá participar en dúas categorías de concursos

creativos de Samaín:

a) Microrrelatos ilustrados de terror

b) Banda deseñada de terror

Poderá presentar un microrrelato e/ou banda deseñada. A presentación poderá ser en formato electrónico (a banda deseñada en formato jpg ou pdf) e será enviado por correo ao seguinte enderezo remoealingua@gmail.com ou entregado ao/á profesor/a de Lingua Galega e Literatura.

O microrrelato ou banda deseñada serán exclusivamente en lingua galega.

O microrrelato non superará a extensión de 150 palabras. Valorarase especialmente a orixinalidade e a calidade narrativa, así como a inclusión de elementos propios do Samaín e da cultura popular galega relacionada coa morte e cos defuntos.

Terá que ir acompañado dunha ilustración de medo que complemente o texto.

A banda deseñada poderá ter a extensión que se queira.

Os traballos entregaranse antes do venres, 25 de outubro e a coordinadora do EDLG, Ana Martínez, será quen os custodiará ata que o xurado se reúna e escolla o mellor relato, cuxo/a autor/a recibirá un premio.

Os microrrelatos gañadores serán lidos, preferentemente pola persoa que os elaborou, nunha lectura dramatizada na biblioteca e expostos no taboleiro do vestíbulo de entrada da escola.

venres, 20 de setembro de 2024

BENVID@S A UN NOVO CURSO EN BIBLIOMOAS

OLA!!!!

Comezamos a nosa actividade un ano máis na nosa biblioteca, organizando colaboradores, clubs de lectura, exposicións e outras actividades de animación á lectura. Contamos con todos vós para lévalas a cabo!

Este ano a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia proponnos traballar arredor do teatro. Biblioteca escolar, A escea!