O día 11 de Febreiro, conmemorando o Día Internacional da Nena e da Muller na Ciencia, Xiana, Noa e Emma, alumnas de 1º de Bacharelato, tiveron o privilexio de asistir a unha Masterclass de Física de Partículas, organizada polo IGFAE na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.
A xornada repartiuse en mañá e tarde. Pola mañá, leváronse a cabo unha serie de charlas introdutorias do tema e unha parte práctica onde as rapazas realizaron tarefas de identificación de partículas coma as que se desenvolven no IGFAE. Xa despois de xantar, debateron sobre a importancia da cuestión de xénero nas carreiras de ciencias e finalmente realizouse unha videoconferencia onde se analizaron os resultados obtidos na parte práctica con outras alumnas de Río de Janeiro e de Barcelona ademais de dúas científicas do CERN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario