Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

xoves, 30 de outubro de 2025

TABOLEIROS GAÑADORES NO CONCURSO DE SAMAÍN

Os taboleiros gañadores no Concurso do Samaín convocado polo EDLG son os das aulas de 1º ESO B e 2º ESO D.

Taboleiro de 1º ESO B

Taboleiro de 2º ESO D

Parabéns aos grupos gañadores e á titora e ao titor que os guiaron nestas arrepiantes creacións!!

Bo proveito desas monstruosas galletas que nos prepararon Anxos e Sandra!!



Grupo de 1º ESO B




Grupo de 2º ESO D

TABOLEIROS DE TERROR

samaín de Remoe a lingua

luns, 27 de outubro de 2025

EXPOSICIÓN DE MONSTROS ARREPIANTES

No vestíbulo da entrada podedes ver a exposición de monstros arrepiantes que deseñou o alumnado desde 1º ESO até 1º Bach para o concurso de Samaín convocado polo EDLG.

Podedes desfrutar das orixinais creacións terroríficas da rapazada de Moas!! Cales serán os gañadores?













mércores, 22 de outubro de 2025

CONCERTO DE PAULIÑA NO ÁGORA

O alumnado de 1º ESO puido asistir ao Ágora a unha charla e concerto coa música cambadesa Pauliña. Ademais de escoitar as súas cancións en galego, puideron conversar con ela sobre os seus gustos musicais, a súa traxectoria profesional e as súas inquedanzas para o futuro.

Esta actividade organizouse grazas ao convite do SNL do Concello da Coruña.







martes, 21 de outubro de 2025

LECTURAS DE TERROR NA BIBLIOTECA




Xa están listas no noso expositor as lecturas do tempo do Samaín, unha selección de libros de terror para todos os públicos. Vide á Biblioteca a escoller o voso preferido. Agardámosvos!!





xoves, 19 de xuño de 2025

O SON REBULDEIRO 2025

Chega por fin o noso novo número da revista do EDLG do IES Monte das Moas que recolle todas as actividades realizadas ao longo do curso para dinamizar a lingua galega entre toda a comunidade educativa. Esperemos que vos guste.

Moitos parabéns a todo o equipo e ao alumnado implicado na súa dinamización. Neste ano Castelao e das nosas cantereiras foi un orgullo aturuxar con este noso Son Rebuldeiro!!

martes, 17 de xuño de 2025

OBRADOIRO DE REGUEIFA CON LUPE BLANCO

O alumnado de 1º ESO A e C, así como 3º PDC, puido participar onte nun obradoiro de regueifa impartido pola regueifeira coristanquesa Lupe Blanco que acudiu a Moas para ensinarlles o valor da improvisación oral e os mecanismos para poder compoñer unha boa regueifa.

Distribuídos por equipos puxeron a proba os seus coñecementos e elaboraron coplas ben simpáticas!! Grazas, Lupe, por animarnos este día achegándonos ao mundo da regueifa! 

 


















 

venres, 13 de xuño de 2025

Festa final de curso na bilioteca

No día de hoxe, no segundo recreo, tivo lugar a nosa particular celebración de peche do Club de lectura deste curso, a entrega de premios aos mellores lectores do terceiro trimestre, xunto ao agradecemento aos noso colaboradores de biblioteca e a entrega de premios do Concurso de Microrrelatos que fixemos polo día do libro.

Foi unha xornada moi alegre, chea de diplomas e regaliños. Contamos, ademias, coa presenza dun colaborador moi especial para nós, o alumno do ano pasado Daniel Collazo, que quixo acompañarnos e animar ao alumnado deste curso a seguir colaborando coa Biblioteca escolar. Agradecemosvos a vosa participación nas actividades da Biblioteca e esperámosvos o próximo curso.


luns, 9 de xuño de 2025

Presentación da exposición sobre a REFV polo alumnado

O pasado venres o alumnado de Anatomía aplicada de 1º de Bacharelato explicou a compañeiros doutros niveis a información exposta na entrada sobre os distintos aspectos do proxecto interdisciplinar sobre a Real Expedición Filantrópica da Vacina. 

Contamos coa colaboración de Ana González Tizón, profesora de Xenética da UDC e gran divulgadora científica. Estiveron tamén acompañados polos seus profesores caracterizados de personaxes relevantes da Expedición Balmis.