Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

mércores, 28 de outubro de 2020

Concurso de relatos, audiocontos e fotos arrepiantes para o Samaín das Moas

Xa que chega o tempo do Samaín, imos sacar toda a nosa imaxinación máis terrorífica para crearmos historias, audiocontos e fotografías de medo, misterio ou até gore e macabras. Anímate a participar e poderás obter un agasallo!!

venres, 16 de outubro de 2020

Formación de usuarios na semana do Día das Bibliotecas

Neste curso en que as visitas físicas á nosa sala de lectura están limitadas polas medidas do protocolo desta época de pandemia, esta semana do 19 ao 23 de outubro previa ao Día das Bibliotecas o vindeiro 24 de outubro quixemos dedicala á formación de usuarios. 

Desde as aulas o profesorado que integra o equipo de biblioteca mostrará ao alumnado que acaba de chegar ao noso instituto, sobre todo aos de 1º da ESO, esta presentación para que poidan coñecer os nosos fondos, as normas da biblioteca para este curso e para que sintan que a biblioteca escolar continúa ofrecéndolle os seus materias e recursos para contribuír á súa formación académica e tamén ao desfrute da lectura nos seus tempos de lecer.


domingo, 4 de outubro de 2020

Homenaxe a Quino e a súa Mafalda

Esta fin de semana recibimos a triste noticia do pasamento do debuxante Quino. Mafalda é para nós unha das personaxes que máis alegría nos dá sempre nas bibliotecas e nunca nos cansamos de lela e de desfrutar da súa visión feminista, pacifista e crítica co mundo dos adultos. Aquí vos deixamos algunhas das súas tiras cómicas en diferentes idiomas e deseños feitos por diferentes debuxantes para homenaxear a figura do seu creador.


luns, 28 de setembro de 2020

Protocolo Covid Bibliomoas

Aquí tedes o protocolo máis ampliado das normas da biblioteca neste curso escolar. Mesmo que o acceso á nosa sala de lectura estea limitado, continuamos coas funcións da biblioteca para garantir que o alumnado poida consultar os nosos fondos. Continúa o servizo de empréstito de libros e filmes e a posibilidade de empregar algúns dos ordenadores de consulta. Tentaremos que a biblioteca poida no posíbel fornecer recursos que ofrezan unha mellora da calidade educativa do noso alumnado e que a lectura siga facendo parte da formación académica e do desfrute de toda a comunidade escolar.


luns, 14 de setembro de 2020

Revista O Son Rebuldeiro

Deixámosvos nesta entrada un novo número da nosa revista dixital, O Son Rebuldeiro, elaborada durante o curso 2019-2020 e na que podedes ver algunhas das actividades organizadas pola biblioteca e outros departamentos do noso instituto e gozar dos textos creativos e reflexivos do noso alumnado, moitos deles creados tamén durante o tempo do confinamento.


martes, 16 de xuño de 2020

A nosa guía de verán

Quentiña, directamente do forno presentámosvos as nosas recomendacións de verán. Podédes achegarvos á biblioteca cando veñades a polas notas se queredes mergullarvos nun mar de lecturas este verán.

luns, 8 de xuño de 2020

Fotos gañadoras do concurso "OS LIBROS CONFINADOS"

Non temos fotos coas agraciadas pero deixamos aquí a relación das fotos premiadas no IV Concurso dd Fotografía da Biblioteca.
Parabéns a todos os participantes, foi unha ledicia traballar con semellantes artiatas.

1º Premio:
PAULA RODEIRO IGLESIAS de 1º ESO C
Título: O confinamento lector
Preciosa foto que conxuga unha vista do noso barrio coa lectura en confinamento
 2º Premio:
LYDIA SANDÁ CELEIRO  de 4º ESO A
Título: Cun café, un libro e o pixama.

Que máis se pode pedir dun día en confinamento?
 3º Premio:
CLARA PARGA VERDÍA de 1º  ESO B
Título:A fábrica de soños.
Non hai mellor fábrica de soños que a lectura.

 

martes, 2 de xuño de 2020

TRABALLOS DO CLUB DE LECTURA DE HISTORIA DEL ROCK DE JORDI SIERRA I FABRA

Esta presentación sobre ABBA foi realizada pola alumna Sara Martínez no Club de Lectura coordinado por Alberto Fachado no que leron o libro Historia del rock de Jordi Sierra i Fabra.

 

domingo, 31 de maio de 2020

Festival Virtual de libros de Galicia

O FLIV: Festival Virtual de libros de Galicia,  lanza unha web chea de sorpresas da que se fai eco a recvista de Tecnloxía Código Cero.
Clica na imaxe para saber máis.

https://codigocero.com/O-Festival-Virtual-do-Libro-lanza-web-e-prepara-unha-primeira-edicion-chea-de


domingo, 24 de maio de 2020

"OS LIBROS CONFINADOS". Fotografías finalistas.

Rematado o prazo de presentación das vosas obras de arte  para o IV Concurso de Fotografía organizado pola biblioteca, presentámosvos as 10 fotografías finalistas. Un xurado extperto formado por profesores confinados votarán as tres mellores.
 Sorte a tod@s!!!!

xoves, 21 de maio de 2020

Bibliotecas confinadas

O pasado 19 de maio saiu no Ideal Gallego un artigo sobre como levabamos o confinamento desde as bibliotecas. O CEIP O Graxal de Cambre, o CEIP Emilia Pardo Bazán e o IES Monte das Moas demos conta de nosas humildes aportacións nestes tempos tan difíciles.
Velaí o artigo:


domingo, 17 de maio de 2020

Día DAS LETRAS GALEGAS

Feliz día Das Letras a tod@s!!!!
Pinchando na imaxe veredes os recursos recollidos sobre a figura do noso eminente homenaxeado. Algúns de vós xa estades ou estivestes traballando neles. 
Presentaremos en canto estea montado un vídeo que recolle sentidas lecturas de textos de D. Ricardo Carvalho Calero por parte do alumnado e profesorado.
Moito ánimo.
 
https://bibliomoas.blogspot.com/p/letras-galegas-2020.html