O FLIV: Festival Virtual de libros de Galicia, lanza unha web chea de sorpresas da que se fai eco a recvista de Tecnloxía Código Cero.
Clica na imaxe para saber máis.
Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
domingo, 31 de maio de 2020
venres, 29 de maio de 2020
domingo, 24 de maio de 2020
"OS LIBROS CONFINADOS". Fotografías finalistas.
Rematado o prazo de presentación das vosas obras de arte para o IV Concurso de Fotografía organizado pola biblioteca, presentámosvos as 10 fotografías finalistas. Un xurado extperto formado por profesores confinados votarán as tres mellores.
Sorte a tod@s!!!!
xoves, 21 de maio de 2020
Bibliotecas confinadas
O pasado 19 de maio saiu no Ideal Gallego un artigo sobre como levabamos o confinamento desde as bibliotecas. O CEIP O Graxal de Cambre, o CEIP Emilia Pardo Bazán e o IES Monte das Moas demos conta de nosas humildes aportacións nestes tempos tan difíciles.
Velaí o artigo:
Velaí o artigo:
domingo, 17 de maio de 2020
Día DAS LETRAS GALEGAS
Feliz día Das Letras a tod@s!!!!
Pinchando na imaxe veredes os recursos recollidos sobre a figura do noso eminente homenaxeado. Algúns de vós xa estades ou estivestes traballando neles.
Presentaremos en canto estea montado un vídeo que recolle sentidas lecturas de textos de D. Ricardo Carvalho Calero por parte do alumnado e profesorado.
Moito ánimo.
luns, 11 de maio de 2020
xoves, 23 de abril de 2020
sábado, 18 de abril de 2020
MES DO LIBRO: IV Concurso de fotografía.
Presentamos o IV Concurso de Fotografía auspiciado pola BIBLIOTECA do noso instituto. Este ano, botamos a andar un emotivo certame aberto a toda a comunidade educativa co título de
"LIBROS CONFINADOS" coa idea de xuntar un feixe de fotografías que ilustren as nosas circunstancias lectoras neste tempo de confinamento.
So necesitas unha foto orixinal e un título. Mándao ao correo da biblioteca xunto co teu nome e curso, se es alumn@ e xa está. A entrega de premios e exposición das fotos realizarase a finais de curso ou se non pode ser, a comezos do próximo.
MES DO LIBRO:De que libro falo? Adiviña o título con emoticonos.
Lanzamos un simpático concurso aberto a toda a nosa comunidade escolar, pero en especial aos integrantes do club de lectura.
venres, 17 de abril de 2020
Presentación do libro Corredora de María Reimóndez en 1º ESO C
Dúas das alumnas de 1º ESO que participan no Club de Lectura expuxéronlles aos seus compañeiros do grupo 1º ESO C o argumento e outras cuestións interesantes sobre a autora e o ilustrador do libro Corredora da autora luguesa María Reimónde.
Paula Rodeiro Iglesias e Helena Bermúdez Freire achegaron falaron da temática do libro, dalgunhas cuestións sobre Etiopía, país ao que pertence a protagonista, e expresaron a súa opinión persoal sobre a novela.
mércores, 8 de abril de 2020
ÁNIMO MONTE DAS MOAS
Unha sentida homenaxe a todo o noso alumnado pola súa forza e resistencia.
ÁNIMO!!!
sábado, 21 de marzo de 2020
AULAS GALEGAS
xoves, 19 de marzo de 2020
domingo, 15 de marzo de 2020
COVID-19: Propostas para pasar o confinamento na casa.
Querémosvos botar unha man cunhas propostas culturais para que poidades pasar este peche forzoso un pouquiño mellor: Libros, películas, vídeos... esperamos que vos sexan útiles.
venres, 6 de marzo de 2020
Día da Muller: Homenaxe ás Nobel da Paz
Co mesmo sentimento de todos os anos, mulleres da comunidade educativa do IES Monte das Moas unímonos para homenaxear ás mulleres protagonistas do Nobel da Paz, outro traballo máis promovido pola Biblioteca do noso centro para INFORMAR e SENSIBILIZAR buscando sempre aportar o noso particular grao de area para crear un mundo máis pacífico e solidario.
A exposición estará aberta durante todo o mes de marzo e con ela achegamos unha pequena guía de traballo para que o profesorado que así o queira poida aproveitala.
Mulleres-traballo by Bibliomoas on Scribd
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






