Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
mércores, 27 de setembro de 2017
luns, 11 de setembro de 2017
Benvid@s
Benvid@s a un novo curso cheo de ilusións... e de lecturas.
Propoñémoste un reto lector para este novo curso escolar....
Propoñémoste un reto lector para este novo curso escolar....
ATRÉVESTE???????
xoves, 22 de xuño de 2017
Voluntariado na biblioteca.
Debuxo Artístico
Estes días o corredor principal do centro converteuse nunha sala de exposicións grazas aos traballos do alumnado da materia de Debuxo Artístico de 1º de Bac.
Debuxo Artístico no IES Monte das Moas on PhotoPeach
mércores, 21 de xuño de 2017
Poemas intimistas de Curros Enríquez
Orixinal "vídeoa animación" realizada polos alumnos Lúa Pazos e Christian Losada de 1º B Bac. para presentar diversos poemas de Cúrros Enríquez.
martes, 20 de xuño de 2017
Premios aos máis lectores
Recomendacións para o verán.
Deixámosvos aquí as recomendacións da biblioteca para este verán
Visítanos!!!!
venres, 16 de xuño de 2017
Premios aos mellores "FOTOLECTORES"
Publicamos os gañadores aos premios ás mellores fotografías de tema lector. Faremos entrega dos premios na biblioteca o vindeiro LUNS 19 no recreo.
1º PREMIO:
ACCÉSIT:
1º PREMIO:
Alba González Ramos. 2º ESO D
"A lectura, un universo paralelo"
2º PREMIO:
Iria Losada García. 2º BAC A
"Intruso noutro mundo"
3º PREMIO:
Águeda Millán Pena. 1º ESO D
"Reflexos"
ACCÉSIT:
Martina M. Gómez. 2º ESO E
"Lendo como pitufos"
domingo, 4 de xuño de 2017
Primeiro Amor
Fermoso vídeo baseado nun relato de Manuel Rivas e dramatizado por alumnado de 1º A Bac, dentro da materia de Lingua Galega.
mércores, 31 de maio de 2017
Relatos premiados na asociacíón vecinal IAR.
O sábado 27 de maio a Asociación IAR fixo entrega dos
premios aos traballos do "Día das Letras Galegas",
Resultaron premiados no Monte das Moas Darío
Francos de 1º ESO A, e Lucía Cabarcos, e Aitana Ruíz de 2º ESO B.
Parabéns.
luns, 29 de maio de 2017
Carlos Casares. Premiados no IES Monte das Moas
Tras os eventos organizados para conmemorar as Letras Galegas, facemos entrega dos premios aos mellores traballos en ilustración de camisetas e murais homenaxe a Carlos Casares.
Aí vai
Homenaxe a Carlos Casares no IES Monte das Moas on PhotoPeach
domingo, 28 de maio de 2017
Premios DADO 2017
O pasado martes 23 a rapazada dos nosos clubs de lectura asistiu a unha gala no Ágora organizada polo grupo DADO para festexar as Letras Galegas e facer entrega duns premios aos mellores microrrelatos de entre os seis centros participantes (IES Monelos, Agra do Orzán, Elviña, Zalaeta, Rafael Dieste e nós, claro está) Desgraciadamente non acadamos ningún dos galardóns pero as nosas rapazas participantes dos Rebuldeiros de 1º de ESO fixérono moi ben e pasaron un bo rato. Outra vez será.
Parabéns tanto aos premiados como aos organizadores: profesores e alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) e persoal da biblioteca Municipal do Ágora.
Aquí vos deixamos un pequeno reconto gráfico do evento.
luns, 15 de maio de 2017
Homenaxe a Carlos Casares
Preciosa animación realizada pola alumna Andrea Grobas de 2º E ESO para homenaxear ao autor Carlos Casares.
Para gozar!!!
xoves, 4 de maio de 2017
XXII Día da Ciencia na Rúa.
O vindeiro sábado 6 o noso centro participa nesta interesante actividade cun "stand"sobre electricidade.
Para saber máis clicade no póster e ide á páxina 34 do documento (descrición do noso centro, acticidades, participantes e profesorado implicado.
luns, 1 de maio de 2017
O "Telón de Aquiles" volve ao ataque
O grupo de teatro do centro "Telón de Aquiles" volve este ano con enerxías renovadas... e tanto!!!!. Presentan dúas obras e estarán en cartel en diferentes sitios e datas como amosamos nestes cartaces.
Especial atención ao día 12 de maio no que farán dúas funcións seguidas no IES Calvo Sotelo e necesitan do noso apoio e calor:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









