Para máis novas sobre o noso grupo de Teatro, non deixedes de visitar o seu blog:
Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
luns, 20 de febreiro de 2017
O "Telón de Aquiles" no campus Cocacola
O grupo de teatro do instituto veu de asistir a unhas clases maxistrais invitados pola Fundación Cocacola no apartado de premios teatrais "Buero Vallejo".
domingo, 19 de febreiro de 2017
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Departamento de Física e Química en colaboración coa Biblioteca, elaborou un par de actividades para traballar a biografia e logros de dúas mulleres salientables nese eido, e ademáis.... GALEGAS!!!Deixamos aquí as dúas presentecións para que o alumnado de 4º de ESO traballe con elas na biblioteca.
mércores, 8 de febreiro de 2017
CONCURSO DE LIBROS DE POEMAS ILUSTRADOS
Achégase o "Día dos Namorados"
e por esta razón a biblioteca convoca un CONCURSO DE LIBROS PERSONALIZADOS
que ilustren poemas de temática amorosa.
BASES:
ü 2 de marzo
ü NA BIBLIOTECA
PREMIOS:
Haberá un 1º , un
2º e un 3º premio que recibirán, entre
outros agasallos, libretas especiais, entradas de cines, libros...
XURADO:
O xurado estará
composto por profesorado membro do equipo de dinamización da biblioteca e
alumnado dos cursos superiores.
Vídeotitoriais:
Sin palabras. Moi sinxelo de facer. En español. Tamén moi doado.
domingo, 29 de xaneiro de 2017
Día da Paz
O día 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da Paz e a Non-violencia.
Queres saber por que ou desde cando se celebra?
Pincha na foto e o veredes. Na páxina web ofrécense múltiples recursos para traballar a temática da paz.
E lembrade....se sodes de 4º de ESO ou de 1º de Bac, hai convocado un concurso de relatos no que queremos que nos contedes AS OUTRAS HISTORIAS POSIBLES.
Queres saber por que ou desde cando se celebra?
Pincha na foto e o veredes. Na páxina web ofrécense múltiples recursos para traballar a temática da paz.
E lembrade....se sodes de 4º de ESO ou de 1º de Bac, hai convocado un concurso de relatos no que queremos que nos contedes AS OUTRAS HISTORIAS POSIBLES.
Microrrelatos de Terror
Presentamos unha pequena publicación cos 4 relatos gañadores no concurso de Microrrelatos de Terror convocado pola Biblioteca e o Departamento de Lingua Castelá no mes de novembro. Esperamos que vos gusten.
Murais contra a Violencia de Xénero
Amosamos aquí os murais presentados polo noso alumnado, xunto con outros dos colexios da contorna, o concurso promovido pola PLATAFORMA VECIÑAL COTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO coa que colaboramos.
xoves, 19 de xaneiro de 2017
Marilar Aleixandre ingresou o 14 de xaneiro como membro numerario da RAG
Marilar
Aleixandre (1947. Madrid), foi pioneira no ensino das
ciencias en lingua galega e figura relevante na investigación en didáctica das
ciencias en Europa. Na
actualidade é Catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais na USC,
Como escritora
de literatura infantil e xuvenil, é
muller comprometida e moi reivindicativa, foi premiada repetidas veces e ten publicadas ata
a actualidade 20 obras. Sóanvos : A banda
sen futuro , ou A expedición do Pacífico,...?
A
autora tamén escribe literatura para adultos, poesía e ensaio, e seguro que
lestes unha das súas traducións Harry Potter e a pedra filosofal .
Na RAG ocupará a vacante deixada por Xosé
Neira Vilas. No seu discurso de ingreso“Voces termando da paisaxe galega”,
reafirma dúas das constantes como escritora: o respecto polo medio natural e a
defensa do feminismo,
A nova académica ocupará así o sillón que quedou baleiro tras o
falecemento de Xosé Neira Vilas. Na sesión de recepción lerá un discurso
titulado 'Voces termando da paisaxe galega', ao que responderá a membro
numerario da RAG Fina Casalderrey.
Marilar Aleixandre, nacida en Madrid en 1947, chegou a Galicia a
mediados dos 70 para empezar a traballar como catedrática de ensino secundario
en Vigo. En terras galegas, participou activamente na resistencia clandestina
ao franquismo, foi líder do movemento veciñal e participou na fundación da
primeira asociación feminista galega, entre outras cuestións.
Marilar na nosa biblioteca:
martes, 17 de xaneiro de 2017
CONTOS DE GUERRA E PAZ. As outras historias posibles
Concurso de relato curto
“Contos de Guerra e
Paz”
A Biblioteca do IES
Monte das Moas convoca un concurso de
creación literaria para celebrar o Día
da Paz
BASES:
·
Pode concursar todo o alumnado de 4º de ESO e 1º
de Bacharelato.
·
O concurso consistirá na elaboración dun relato
baseado nun dos cadros da exposición da
biblioteca.
·
Os relatos deberán ter entre 200- 250 palabras e
estar escritos en galego. Entregaranse por correo electrónico no seguinte
enderezo: bibliomontemoas@gmail.com
antes do 10 de febreiro cos datos d@s
autor@s (nome completo e curso).
·
O texto consistirá nunha historia orixinal e
baseada nos personaxes ou as situacións que aparecen no cadro escollido.
Trátase de contar “as outras historias posibles”.
·
É imprescindible indicar o número do cadro seleccionado
e elaborar un título axeitado para os relatos que se presentan.
XURADO:
O xurado estará composto por membros do equipo de
dinamización da biblioteca
PREMIO:
1º Premio : Tarxeta FNAC por valor de 40 euros
2º premio: Tarxeta FNAC por valor de 20 euros
3º premio: Dúas entradas de cine
Os premios poden quedar desertos de non cumprir coa calidade
axeitada ou coas condicións de presentación.
Os relatos gañadores pasarán a ser propiedade da biblioteca
para a súa posible publicación posterior.
luns, 19 de decembro de 2016
Boletín de NADAL
Acaba de sair quentiño, quentiño o primeiro boletín de Nadal editado pola biblioteca e elaborado polo alumnado da materia de INEIN (Investigación e Tratamento da Información) de 2º de ESO.
É moi pequeniño e de fácil lectura. Esperamos que vos guste e que o ano que vén o poidamos ampliar.
Picade na imaxe para velo.
Picade na imaxe para velo.
mércores, 14 de decembro de 2016
Entrega de premios.
Hoxe fixemos entrega dos premios correspondentes aos concursos de "Microrrelatos de Terror"e o de "Logos contra a violencia de xénero"
Dous son os relatos gañadores do primeiro concurso:
Ambolos dous relatos e os dous finalistas serán publicados en breve neste mesmo espazo.
En canto ao concurso de Logos non sexistas convocado pola biblioteca para o alumnado de 1º de ESO, a agraciada foi Carolina González de 1º A ESO que foi premiada cunha camiseta estampada co seu logo.
Dous son os relatos gañadores do primeiro concurso:
- 1º Premio: La Habitación de Lucía Cabarcos (2º B ESO)
- 2º Premio: Brenda Ramírez (2º C ESO)
Ambolos dous relatos e os dous finalistas serán publicados en breve neste mesmo espazo.
![]() |
| Lucía Cabarcos recolle o premio. |
![]() |
| Carolina, á esquerda, recollendo un pequeno agasallo |
![]() |
| O logo gañador |
xoves, 1 de decembro de 2016
Eduardo Mendoza. Premio Cervantes 2016
O escritor catalán Eduardo Mendoza ven de recibir o premio Cervantes 2016, o equivalente ao Nobel das letras Españolas.
O autor de El misterio de la cripta embrujada ou La ciudad de los prodigios, consegue así un dos galardóns máis ansiados por calquera escritor de fala hispana, e non sen méritos: unido a unha carreira profesional chea de "best-sellers" vai unha calidade literaria indiscutible.
martes, 29 de novembro de 2016
Premiados no concurso de Epitafios do Samaín
luns, 28 de novembro de 2016
Plataforma veciñal contra a violencia de xénero
Deixamos aquí unha ligazón á nova que saliu hoxe na prensa sobre a constitución dunha plataforma contra a violencia de xénero, da que o noso centro, entre outros da contorna, é colaborador activo.
venres, 25 de novembro de 2016
Día contra a violencia de xénero
A biblioteca súmase á campaña internacional contra esta lacra coa exposición de logos non sexistas realizados polo alumnado de 1º de ESO e cunha proxección dunha presentación na propia biblioteca.
Cartel premiado
mércores, 9 de novembro de 2016
Premiados no concurso de "Sopa de Letras de Samaín"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















