domingo, 9 de maio de 2021
mércores, 5 de maio de 2021
DÍA DO LIBRO: As nosas portadas
Alumnado de 2º de ESO D elaborarou na clase de Castelán unhas orixinais portadas máis unhas pequenas recensións de libros que lles gustaron especialmente.
Para gozar!!
luns, 3 de maio de 2021
DÍA DO LIBRO: Sonatina
Traballo realizado por alumnado de 4º D da ESO.: Revisión da "Sonatina" de Rubén Darío.
martes, 27 de abril de 2021
venres, 23 de abril de 2021
DÍA DO LIBRO: Premiados no concurso "Pandemia de cartas"
Presentamos as fotos que recollen a entrega de premios do concurso "Pandemia de Cartas" realizado con motivo do Día do libro promovido pola biblioteca do Castrillón.
Os premiados son:
1º Premio: Noa Vila Orizales de 1º ESO E
2º premio: Mariano Carrillo Gómez de 1º ESO D
3º premio: Jeismar Burgueza de 1º ESO E
4º premio: Marta Lamas Castro de 1º ESO C
![]() |
| Noa recibe o premio na súa clase de mans das bibliotecarias do Castrillón, Belén e Alicia. |
![]() |
| Os catro premiados pousan con Belén. |
domingo, 18 de abril de 2021
xoves, 15 de abril de 2021
mércores, 7 de abril de 2021
Un conto moi especial, os contos do alumnado de 1º ESO B
Deixamos aquí estes contos creados polo alumnado de 1º ESO B coordinados pola súa profesora Xulia Martínez Pedreira.
martes, 6 de abril de 2021
TOPONIMIA DA CORUÑA, CHARLA DE IVÁN MÉNDEZ LÓPEZ
Hoxe o alumnado de 1º Bacharelato A e B puideron asistir a unha charla sobre a "Toponimia da Coruña" impartida polo profesor e investigador Iván Méndez López que se centrou en explicar algúns dos topónimos máis interesantes da nosa cidade e do barrio do Castrillón. Esta charla foi organizada pola biblioteca e o EDLG do noso instituto.
domingo, 21 de marzo de 2021
Os lugares de "Marineda"
Magífica presentación que varias alumnas de 4º de ESO da materia de Lingua Castelá e Literatura fixeron sobre os lugares de "Marineda", localizacións do texto de La Tribuna, famosa novela de Emilia Pardo Bazán, que representan figurativamnete recunchos da cidade de A Coruña . Nos traballos podemos localizar nun mapa da nosa cidade ditos sitios xunto con fotos dos lugares antaño e na actualidade
Traballo de Candela Nogareda (4ºC). Clica na foto.
Traballo de Irene Quintela Valiño (4º A):
Traballo de Sofía González Tohux (4ºC):
xoves, 11 de marzo de 2021
HAIKUS
Orixinais haikus realizados por alumnado de 1º de ESO na materia de Lingua Castelá
Para gozar...
luns, 8 de marzo de 2021
DÍA DA MULLER: Descubrindo mulleres galegas
Proxecto de investigación do alumnado de 2º de ESO do noso centro.
domingo, 7 de marzo de 2021
DÍA DA MULLER: Coruñesas Ilustres
Un ano máis a comunidade educativa feminina do IES Monte das Moas únese para homenaxear a mulleres salientables en diversos eidos ao longo da historia. Nesta ocasión escollemos mulleres nadas na provincia da Coruña con moi diversas actividades profesionais e sociais.
Debido á problemática da pandemia publicamos o conxunto de biografías, fotos e outros retallos en formato virtual e no corredor principal expuxemos uns pequenos cartaces coa información básica sobre as mulleres escollidas xunto cun código QR que nos leva a todas as biografías.
O profesorado que queira traballar a exposición deberá facelo online seguindo esta ligazón (AQUÍ) ou ben a través de calquera dos códigos QR dos cartaces.
mércores, 3 de marzo de 2021
V Concurso Microrrelatos e Haikus Amnistía Internacional
Como todos os anos publicamos o anuncio deste concurso que tan bos resultados deu no noso centro co apoio da materia de Filosofía.
O principal obxectivo é " fomentar defensa dos Dereitos Humanos no alumnado de secundaria e familiarizalo co labor da Rede".
Os relatos enviaranse ao correo electrónico do Grupo da Coruña.
acoruña@es.amnesty.org. Pdedes consultar as bases no Facebook de Amnistía Internacional.
Moita sorte aos participantes.




