Concurso aberto a ao alumnado de ESO do noso centro no que buscabamos a foto coa máscara decorada máis orixinal.
domingo, 31 de xaneiro de 2021
sábado, 30 de xaneiro de 2021
Máscaras Ilustradas
Dentro das actividades organizadas pola Biblioteca para o Día da Paz e con motivo do Día da Ilustración en honor ao nacimento do noso insigne Castelao, temos a honra de presentarvos o traballo realizado polo alumnado de 1º de ESO na materia de Debuxo: poñerlle imaxe á paz sobre máscaras.
Velaquí o tedes:
xoves, 28 de xaneiro de 2021
DA GUERRA COMA A ARTE/ A ARTE NA GUERRA
Dentro das actividades enmarcadas dentro do DÍA da PAZ, o departamento de Xeografía e Historia organizou unha charla co título DA GUERRA COMA A ARTE/ A ARTE NA GUERRA a cargo da historiadora Rosario Sarmiento para o alumnado de de 1º de BAC.
Pequena reportaxe fotográfica da conferencia AQUÍ.
venres, 15 de xaneiro de 2021
mércores, 30 de decembro de 2020
Colaboración na "Leitura colaborativa-expansiva de Carvalho Calero" organizado polo EDLG do IES Milladoiro
Desde o EDLG do IES Milladoiro pedíronnos colaboración para sumarnos á súa chamada para a "Leitura colaborativa-expansiva de Carvalho Calero" na que participou a nosa alumna Ainhoa Tages de 1º Bacharelato B co seu recitado do poema "Maria Silêncio" e con ela elaboraron esta felicitación de Nadal cos enlaces a todas as listas de audios.
Tamén se recolle a nosa participación no programa de radio do IES Perdouro de Burela e que podedes escoitar neste enlace.
Felicitamos ao EDLG do IES Milladoiro e ao IES Perdouro de Burela pola realización deste interesante proxecto para homenaxear o persoeiro das Letras 2020.
mércores, 16 de decembro de 2020
SAMAÍN 2020 en Bibliomoas
luns, 30 de novembro de 2020
MES DA CIENCIA EN GALEGO NO IES MONTE DAS MOAS
O Departamento de Tecnoloxía en colaboración con Bibliomoas coordinou estas presentacións sobre investigador@s galeg@s recoñecid@s polo seu labor na investigación e divulgación científica.
María José Alonso Fernández de Ariadna Alcalde Mahía (1º Bacharelato A)
Begoña Vila Costas, astrofísica de Marta Fernández e Aldara Pérez Cifuentes (4º ESO A)
María Wonenburger, matemática de Ana Isabel Díaz López (1º Bacharelato A)
Amparo Alonso Betanzos, enxeñeira química de Susana González Aller (1º Bacharelato B)
Marisol Soengas, científica e microbióloga de Ainhoa Mosteiro Lago (1º Bacharelato B)
Alicia Estévez Torazno, microbióloga de Lydia Sandá Celeiro (1º Bacharelato A)
Deborah García Bello, investigadora de Brian Veiga Bueno (1º Bacharelato A)
Ramón Núñez Centella, científico de Aitor Vigo Cruz (1º Bacharelato B)
As mozas nas TIC de Andrea Groba Camoiras (2º Bacharelato A)
mércores, 25 de novembro de 2020
mércores, 28 de outubro de 2020
Concurso de relatos, audiocontos e fotos arrepiantes para o Samaín das Moas
venres, 16 de outubro de 2020
Formación de usuarios na semana do Día das Bibliotecas
Neste curso en que as visitas físicas á nosa sala de lectura están limitadas polas medidas do protocolo desta época de pandemia, esta semana do 19 ao 23 de outubro previa ao Día das Bibliotecas o vindeiro 24 de outubro quixemos dedicala á formación de usuarios.
Desde as aulas o profesorado que integra o equipo de biblioteca mostrará ao alumnado que acaba de chegar ao noso instituto, sobre todo aos de 1º da ESO, esta presentación para que poidan coñecer os nosos fondos, as normas da biblioteca para este curso e para que sintan que a biblioteca escolar continúa ofrecéndolle os seus materias e recursos para contribuír á súa formación académica e tamén ao desfrute da lectura nos seus tempos de lecer.
mércores, 7 de outubro de 2020
domingo, 4 de outubro de 2020
Homenaxe a Quino e a súa Mafalda
luns, 28 de setembro de 2020
Protocolo Covid Bibliomoas
Aquí tedes o protocolo máis ampliado das normas da biblioteca neste curso escolar. Mesmo que o acceso á nosa sala de lectura estea limitado, continuamos coas funcións da biblioteca para garantir que o alumnado poida consultar os nosos fondos. Continúa o servizo de empréstito de libros e filmes e a posibilidade de empregar algúns dos ordenadores de consulta. Tentaremos que a biblioteca poida no posíbel fornecer recursos que ofrezan unha mellora da calidade educativa do noso alumnado e que a lectura siga facendo parte da formación académica e do desfrute de toda a comunidade escolar.
luns, 14 de setembro de 2020
Revista O Son Rebuldeiro
Deixámosvos nesta entrada un novo número da nosa revista dixital, O Son Rebuldeiro, elaborada durante o curso 2019-2020 e na que podedes ver algunhas das actividades organizadas pola biblioteca e outros departamentos do noso instituto e gozar dos textos creativos e reflexivos do noso alumnado, moitos deles creados tamén durante o tempo do confinamento.

