Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 20 de xuño de 2016

Feira de Libros de 2ª man: Entrega dos cartos conseguidos

Como recordades, no mes de abril, entre outras actividades para celebrar o mes do libro, puxemos en marcha unha exitosa campaña de venda de libros de 2ª man en beneficio dunha ONG local.
Pois ben. Hoxe tivemos oportunidade de entregarlle os cartos recadados a Ana ex alumna do noso centro, médico e colaboradora da ONG Ecodesarrollo Gaia que realiza un excelente labor no eido da inmigración na nosa cidade.

Dous momentos da entrega dos cartos por parte de alumnas de 1º E ESO
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo ilustrativo do labor que realizan na nosa cidade e en Senegal.

xoves, 16 de xuño de 2016

mércores, 15 de xuño de 2016

III Concurso de Debuxo "Picasso Coruñés"

Alumnado do noso centro foi galardoado con importantes premios nesta edición do concurso que selecciona as mellores obras presentadas nas categorías de :
- Mellor Xornal
- Mellor Ilustración
- Mellor Redacción
Parabéns aos premiados:

III Concurso de Debuxo "Picaso Coruñés" on PhotoPeach

domingo, 12 de xuño de 2016

Premios ao alumnado máis lector

Grazas ao noso "lecturómetro" puidemos premiar, a través dun sorteo ao alumnado máis lector cun pequeno agasallo.

Aquí vos deixamos as fotos das alumnas agasalladas. Parabéns a todas!!!
De esquerda a dereita: Alba, Martina e María Rey de 1º A ESO

Thalita de 4º A ESO

Lucía García de 2º B ESO

martes, 7 de xuño de 2016

EXPOSICIÓN LUTHIERS

Outra magnífica exposición do traballo do alumnado de 3ª e  4ª de ESO amosando mecanismos de instrumentos musicáis.
Xunto coa exposición podedes encontrar uns documentos explicativos do traballo dos luthiers e pequenas biografías dos mellores do mundo para que contestedes un cuestionario sobre a exposición.
Tamén podedes gozar dun vídeo coas fotos da exposición e un anaco dun concerto ofrecido polo alumnado de música de 1º A de BAC.
Aquí deixamos a documentación.


luns, 6 de xuño de 2016

Mapa nteractivo do barrio

Mañá martes presentamos oficialmente este marabilloso traballo colaborativo consistente na elaboración dun mapa interactivo do barrio que recolle aspectos históricos, sociais, económicos e mesmo emocionais do entorno onde vive ou traballa a comunidade escolar do IES Monte das Moas.

Para quen non poida vir á presentación aquí deixamos o mapa:

Premios do Concurso de RELATO BREVE CON FONDO DE MITO CLÁSICO

Vimos de fallar o premio aos mellores relatos con temática de mito clásico e velaquí as flamantes gañadoras:

Noa Hernández e Jennifer Vázquez, ámbalas dúas de 4º de ESO A  polos seus magníficos relatos que serán publicados en breve neste mesmo espazo.

Polo de agora conformádevos con esta fotografía na que as dúas rapazas posan cos seus contos e os premios: Senllas tarxetas regalo da librería Fnac por valor de 40 e 30 € respectivamente.

Parabéns ás escritoras.


mércores, 18 de maio de 2016

Mes das Letras Galegas: RUTA DO REXURDIMENTO

O Departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Monte das Moas quere propoñer a todo o alumnado de 3º da ESO, nesta semana das Letras Galegas 2016 unha nova e divertida actividade.

Trátase de descubrir a pegada que deixou o Rexurdimento cultural do s. XIX na Coruña;  para iso,  haberá que facer un atento percorrido por rúas e prazas, monumentos e ... lugares "especiais" coa axuda de pequenas pistas que podedes consultar nesta páxina.
As profesoras de lingua prestarán toda a axuda posible.

Agardamos  as vosas fotos e comentarios e, o máis importante, que o pasedes ben!!


Adiante!

martes, 10 de maio de 2016

Manuel María: Poemas ilustrados.

Alumnado de 1º de ESO fixo un magnífico e orixinal traballo ilustrando o sentir dalgúns dos máis coñecidos poemas de Manuel María.

Ilustrando poemas de Manuel María no IES Monte das Moas on PhotoPeach

domingo, 1 de maio de 2016

TEATRO: "El Chico de la Última Fila"




Esta pasada semana tivemos a gran sorte de asistir a outra magnífica representación dunha obra a mans do cada día mellor grupo de tratro do instituto capitaneado polo profesor Rafael Alonso.
Por se non tivestes oportunidade de asistir á, polo de agora, única representación, deixámosvos aquí o trailer que fixeron para ir facendo boca. 
Non vos perdades...

"El chico de la última fila"

de
 Juan Mayorga


mércores, 20 de abril de 2016

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Deixámosvos aquí un pequeno collage con algunhas das novidades que adquirimos na biblioteca , entre outras cousas, para celebrar o Día do Libro.
Pasade a vernos se queredes ver todo o que temos : novela, banda deseñada, divulgación científica, fotografía, arte...

martes, 5 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO. Programa de Actividades

O 23 de abril celébrase en moitos países o DÍA DO LIBRO e, como non podía ser doutro xeito, na biblioteca puxémonos mans á obra para conmemoralo como se merece.
Deixámosvos aquí o cartel coas principais actividades que esperamos que sexan do voso agrado.

Cartel Día do Libro

domingo, 6 de marzo de 2016

Día da Muller

8 de marzo

Como xa vai sendo tradicional no noso centro, de novo profesoras e alumnas collémonos da man para protagonizar unha sentida homenaxe a mulleres punteiras da nosa historia. 
Este ano quixemos representar a escritoras que supuxeron grandes cambios sociais ou literarios grazas aos seus escritos. 

Para gozar da exposición, pásate polo corredor principal do instituto, pola biblioteca ou ben “clica” na foto de embaixo.

Guía de Lectura

O Equipo de Debate


O equipo de debate o día da súa intervención