O alumnado de 4º ESO asistiu no salón de actos a unha xornada formativa organizadas pola AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) en colaboración coa Deputación da Coruña para achegar á sociedade o papel capital das mulleres na produción audiovisual.
Despois do visionado da peza, "Elas, produtoras executivas" realizouse un debate entre algunha das protagonistas do documental e o alumnado no que reflexionaron sobre o alto valor simbólico da peza como referente para creación da identidade da mocidade galega, xa que ofrece exemplos de mulleres poderosas e empresarias fundamentais no noso audiovisual.
Con este diálogo abriron un espazo de debate feminista para contribuír na capacidade de reflexión e análise entre a xente nova, así como promover o cinema e a actividade audiovisual como saída laboral ou elección de estudos futuros.


