O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO e de Física e Química de 2º de ESO investigou sobre diferentes aspectos típicos do Samaín.
Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
xoves, 31 de outubro de 2024
EXPOSICIÓN SOBRE OS MORCEGOS E NOMENCLATURA CIENTÍFICA DO SAMAÍN
Elaboraron fichas sobre os nomes científicos das especies do Samaín e algunhas curiosidades, paneis sobre a ciencia e as pantasmas, e realizaron maquetas de cabazas, morcegos, arañas e pantasmas con material reciclado.
Nestas datas contamos tamén cunha exposición cedida polo CEIDA sobre os morcegos de Galicia"
TABOLEIRO ARREPIANTE GAÑADOR E ENTREGA DE PREMIOS
O taboleiro que resultou gañador foi o da aula de 1º ESO E e todo o alumnado recibiu como premio galletas terroríficas en forma de cabaza, morcego ou pantasmas que elaborou a nosa querida Anxos, encargada da cafetería da escola.
Parabéns á rapazada de 1º ESO e ao seu titor pola súa implicación neste concurso de Samaín!!
LECTURAS DRAMATIZADAS DE TERROR E ENTREGA DE PREMIOS
As persoas gañadoras do Concurso de Microrrelatos de terror ilustrado na ESO son:
Irina García Lorenzo 1º ESO D
Gonzalo Escudero Castro 2º ESO C
Irene Rodríguez Pawlow de 3º ESO B
Paula González Portas de 4º ESO C
A entrega de premios fíxose logo da lectura dramatizada dos seus relatos na biblioteca durante os recreos o mércores 30 de outubro.
Parabéns a todas as persoas participantes e ás gañadoras!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)