O noso alumnado de 3º da ESO elaborou na materia de Xeografía e Historia unha liña do tempo, onde sitúan os acontecementos históricos e artístico máis destacados do século XVI, resaltando a beleza do Renacemento.
martes, 28 de febreiro de 2023
sábado, 25 de febreiro de 2023
VIAGEM AO PORTO
Aquí estão as fotos da viagem ao Porto com o alumnado de 3º ESO de Português durante os dias 22 ao 24 de Fevereiro.
xoves, 23 de febreiro de 2023
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Para festexar este Día de Rosalía de Castro a nosa compañeira Mar Hermida, profesora de LGL, membro do EDLG e da Biblioteca, caracterizouse da xenial escritora e foi polas aulas recitando poemas dela tal e como podedes ver neste vídeo:
xoves, 16 de febreiro de 2023
ENTREGA DE PREMIOS DAS ILUSTRACIÓNS DA CULTURA GALEGA
ENTREGA DE PREMIOS DAS ILUSTRACIÓNS DA PAZ
Hoxe fíxose entrega dos premios ás mellores ilustracións da Paz.
As persoas gañadores foron:
Lola e Rebeca de 1º ESO
Noa Varela Guzmán e Candela Barreiro Blanco de 3º ESO
Alma Qing Ramas Corrales e Alberte Díaz Kirk de 1º de Bacharelato
Debuxo de Noa Varela Guzmán |
Debuxo de Rebeca |
Debuxo de Lola |
Debuxo de Candela Barreiro Blanco |
Debuxo de Alberte Díaz Kirk |
Debuxo de Alma Qing Ramas Corrales |
Noa e Candela |
Rebeca |
Alberte e Alma |
martes, 14 de febreiro de 2023
CONCURSO DE POSTAIS DE AMOR POR SAN VALENTÍN
O Departamento de Francés organizou este concurso de postais de amor por San Valentín que podedes ver exposto no vestíbulo de entrada.
EXPOSICIÓN DE RETRATOS
Nas aulas de Educación Plástica e Visual de 3º ESO realizaron esta exposición de retratos elaborados polo alumnado e que podedes ver no vestíbulo de entrada.
venres, 10 de febreiro de 2023
CONCURSO DE CARTAS DE AMOR
Presentaron suxestións de lectura, deron a coñecer o servizo da biblioteca e propuxéronlle participar no concurso das cartas de amor, facéndoo coincidir co 14 de febreiro, aínda que non ten por que tratarse de amor romántico.
Algunhas das propostas de lectura foron Besos, Heartstopper, un libro de banda deseñada de Manel Cráneo, libros de poesía, etc.
As cartas expoñeranse na biblioteca e alí será tamén a entrega de premios.
martes, 7 de febreiro de 2023
EXPOSICIÓN: OS MALETÍNS DA INNOVACIÓN
O Departamento de Tecnoloxía organizou esta exposición co alumnado de 1º ESO que elaborou diferentes maletíns da innovación para ilustrar varios inventos.
Podedes ver a exposición no vestíbulo de entrada.