Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

xoves, 28 de maio de 2015

Grupo de teatro do Monte das Moas

Aquí vos deixamos o enlace ao magnífico blog do grupo de teatro do instituto dirixido polo profesor Rafael Alonso. Nel poderedes botarlle unha ollada ás obras representadas polo grupo nestes últimos anos e mirar o proximo proxecto que están preparando... un teatro de sombras chinescas froito da colaboración de varios departamentos, a Biblioteca entre eles.
Pasen e vexan...

mércores, 20 de maio de 2015

"Nos duele a todos"

Presentámosvos un par de vídeos gravados por alumnos de Moas dentro do concurso “Nos duele a todos” dirixido a estudantes de ESO e Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade de todo o estado español para idear unha campaña de prevención da violencia de xénero entre a mocidade.
 Dende a biblioteca queremos axudar a difundir as súas mensaxes e darvos a oportunidade de votar o vídeo que máis vos guste.


domingo, 17 de maio de 2015

Un Día das Letras moi especial

O pasado venres os Lectores Rebuldeiros de 2º de ESO pasaron un día moi especial no Ágora xunto con outros clubs de lectura da cidade (Elviña, Monelos, Zalaeta e Agra do Orzán). Tivemos a oportunidade de ver o traballo do debuxante José Domingo que nos explicou como é a elaboración dun "cómic". Trala charla baixamos a facernos unhas fotos no "photocall" da biblioteca para conmemorar o Día das Letras Galegas e despois tivemos a gran sorte de asistir a un recital de poesía da man de Lucía Aldao e María Lado que nos fixo rir e vibrar coa súa singular posta en escea. 

Podedes ver aquí a reportaxe fotográfica da xornada.

luns, 11 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS.Concurso de Caligramas para 3º de ESO

CALIGRAMA
A Biblioteca xunto con Normalización e o Departamento de Debuxo convoca un concurso que consistirá na realización de caligramas utilizando como base cadros de pintores galegos.
"Cosrureira" Maside
"Ouro. Retrato bidimensional" Maruxa Mallo


"A rapaza dos pés descalzos" Picasso en Coruña
"O Berbés" Manuel Torres

BASES:


  •    O traballo consiste en escoller un dos modelos ofertados e enchelo, contornealo ou decoralo con poemas/versos de autores galegos.
  •    As láminas realizaranse en tamaño A4 (folio), a cores segundo as instrucións dos profesores de debuxo.
  •    As obras se entregarán ao profesor antes do 29 de maio e formarán parte dunha exposición no corredor principal.
  •    O xurado estará composto por membros da comunidade educativa.
  •    O premio consistirá en dúas entradas de cine e unha camiseta co deseño gañador.

Feira de Libros

Queremos agradecer a toda a comunidade escolar a estupenda acollida da I FEIRA DE LIBROS DE SEGUNDA MAN que celebramos no instituto dentro do marco das actividades previstas para o Día do libro.
Chegamos aos 100€!!!
Os cartos conseguidos van este ano para unha ONG: Ecodesarrollo GAIA con sede na nosa cidade e que fai un grandísimo labor en beneficio dos nenos de Senegal e outras comunidades.
Veredes tamén a exposición de novidades que temos na biblioteca.


mércores, 6 de maio de 2015

Teatro no instituto

Co gallo do Mes do Libro e como xa vai sendo tradicional, o grupo de teatro do instituto puxo en escea una magnífica e moi divertida versión da obra ASAMBLEARIAS de Aristófanes baixo a batuta do profesor Rafael Alonso.
Esperamos que estas fotos vos deixen un bo sabor de boca...
Asamblearias on PhotoPeach