Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 16 de marzo de 2026

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE FRASEOLOXÍA E FOTOGRAFÍA

No segundo recreo de hoxe entregáronse os premios ás persoas gañadoras do Concurso de Fraseoloxía e Fotografía que se organizou arredor da data conmemorativa do Día de Rosalía de Castro e que ata a semana pasada estiveron expostas no vestíbulo da escola.

Foi difícil escoller porque nalgús niveis houbo moitísima creatividade!! Moitos parabéns a todos!!









mércores, 11 de marzo de 2026

FOTOGRAFÍA COA FRASEOLOXÍA POPULAR GAÑADORAS

As persoas gañadoras do Concurso de Fotografía e Fraseoloxía organizado para conmemorar o Día de Rosalía de Castro son as seguintes:

Carla Seijido Baamonde (4º ESO C)

Antía Sueiro López (4º ESO C)

Paula Pérez Martínez (1º Bach A)

Irene López Sanmartín (1º Bach C)

Sandra Rodríguez Cancelas (3º ESO PDC)

Inés Vale Fernández (3º ESO B)

Emilio Souto Suárez (3º ESO C)

Noa Feliz Mora (2º ESO E)

Alicia González Lema (2º ESO B)

Francisco Ramallo Díaz (4º ESO PDC)



luns, 9 de marzo de 2026

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Este curso, para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer diversas facetas de cinco mulleres destacadas na ciencia.   

  • Eugenia Pereira, química e farmaceútica galega de principios de século XX, premio extraordinario e doutora en ambas disciplinas.
  • Vera Martha Winitzky, matemática arxentina que descubriu a “familia dos números metálicos” entre os que se atopa o número aúreo.
  • Jane Goodall, recoñecida primatóloga recientemente falecida.
  • Elena Armada, doutora en Enxeñería Industrial, que desenvolveu o primeiro exoesqueleto biónico do mundo para nenos e nenas con parálise cerebral e enfermidades neuromusculares.
  • Amparo Alonso catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia artificial da Universidade de A Coruña (UDC).

Nos paneis da exposición ubicada na entrada do centro, diferentes carteis achegaban información relevante sobre o traballo destas científicas, dos que o alumnado puido extraer datos visitando a exposición. Escaneando un QR situado no interior das imaxes de cada unha das mulleres daba a posibilidade de coñecer dunha maneira máis detallada a contribución á ciencia de todas elas.





mércores, 4 de marzo de 2026

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DE FRASEOLOXÍA

Durante a semana de Rosalía estiveron expostas as fotografías do alumnado da ESO e de 1º de Bach para o Concurso de Fraseoloxía. En breve coñeceremos os nomes das persoas gañadoras que recibirán o seu premio nun acto de entrega na biblioteca.













martes, 3 de marzo de 2026

TEATRO GRECOLATINO EN LUGO

O alumnado de Latín de 4º ESO e 1º  e 2º Bach viaxou hoxe a Lugo. Ademais de pasear pola muralla romana e polas rúas lucenses nun espléndido día de sol puideron desfrutar destas novas xornadas de Teatro Clásico Grecolatino organizado pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos. 

No audirorio Gustavo Freire asistiron á representación teatral de dúas pezas clásicas: a traxedia Medea de Eurípides e a comedia Cásina de Plauto que levou a escena o magnífico grupo de teatro escolar Noite Bohemia.

Á saída do teatro algunhas das actrices entrevistáronos para saber da súa opinión sobre a obra e o papel do elenco principal.