Hoxe fomos de visita ao Centro de Día do Castrillón. Que emoción compartir tempo coas persoas maiores do barrio!
Alicia,
bibliotecaria do Castrillón veunos buscar ao instituto para nos
acompañar no camiño ata a biblio onde nos esperaban as nenas e nenos do
Fernández Latorrre. Fomos andando até o Centro de Día e alí estaban,
nerviosas, as persoas usuarias do centro.
Primeiro Alicia presentou a todas as participantes, despois o alumnado do Fernández Latorre participante no
Obxectibo Biblitk representou
"A bruxa Befana" un lenda que conta unha tradición italiana.
A
continuación foi a nosa quenda, comezamos cuns xogos populares,
seguimos coas lecturas de varias tradicións do Nadal en Galicia e
intercalamos os cantos de Nadal. Despois Hugo, alumno de 6º do Fernández
Latorre, leu un texto dedicado á súa bisavoa e a continuación
fixeronlles varias preguntas sobre o Nadal ás persoas maiores que alí
estaban e foron colocando as respostas nunha árbore de Nadal que quedou
alí de agasallo.
Como lles gustaron moito os nosos cantos
pediron "outra, outra, outra" e daquela fixemos unha pequena foliada con
cantos tradicionais acompañados do baile. Rematou o encontro coa
canción "A saia de Carolina" que cantamos maiores e pequenas.Canto nos prestou!!!
Grazas, Alicia, por nos embarcar nesta aventura!!! Parabéns a toda a rapazada que participastes, sodes fantásticas!!!