No vestíbulo de entrada tedes a exposición dos faros que realizou o alumnado e integrada no PFPP Os camiños dos Faros.
luns, 29 de maio de 2023
sábado, 27 de maio de 2023
DÍA MUNDIAL DA NUTRICIÓN
No taboleiro do vestíbulo están expostos os traballos do alumnado de 3º ESO de Bioloxía e Xeoloxía e de 1º de Bach de Anatomía aplicada para celebrar o Día da Nutrición con consellos e receitas para unha vida saudable.
xoves, 25 de maio de 2023
DESEÑOS GAÑADORES E ENTREGA DE PREMIOS DAS LETRAS GALEGAS 2023
Aquí tedes o vídeo cos deseños gañadores do Concurso das Letras Galegas e o momento da entrega de premios.
martes, 23 de maio de 2023
PREMIOS PARA AS PERSOAS MÁIS LECTORAS
Aitana Pía Rial de 1º ESO B e Anxo Emilio Arias Cayambe de 1º ESO A recibiron un premio por seren os mellores lectores neste último mes.
martes, 16 de maio de 2023
ESTREA DA OBRA TEATRAL "DOS ÑAQUES PARA UN PIOJO"
Hoxe estreouse no salón de actos do IES Monte das Moas a última peza teatral representada polo grupo de teatro do instituto, Telón de Aquiles, co acompaámento musical da orquestra de Moas. Trátase de "Dos ñaques para un piojo" e é unha adaptación da obra de Sanchís Sinisterra "Ñaque o de piojos y actores".
Ademais é unha proposta didáctica para viaxar aos séculos de ouro coa inspiración no diálogo de Rojas Villandrado no seu " Viaje entretenido", escrita en 1603. Dous actores, agrupación coñecida coma ñaque, dialogan e fabulan facendo século tras século o único que saben facer: Actuar.
EXPOSICIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2023
No vestíbulo de entrada está a exposción sobre as Letras Galegas elaborada pola SXPL en homenaxe a Francisco Fernández del Riego. Acompáñana debuxos e lemas que elaborou o alumnado para festexar as Letras Galegas, ademais de tres deseños fermosos elaborados grazas á colaboración do Departamento de Plástica.
mércores, 3 de maio de 2023
EXPOSICIÓN DE PROXECTOS DE TECNOLOXÍA
No vestíbulo de entrada están expostos os proxectos de Tecnoloxía que elaborou o alumnado de 2º ESO.