Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

venres, 28 de abril de 2023

EXPOSICIÓN DE MICRORRELATOS

Os microrrelatos participantes no Concurso de Microrrelatos organizado por Bibliomoas xunto co Departamento de Lingua e Literatura Castelá xa están expostos no noso vestúbulo. Axiña coñeceredes as persoas gañadoras.

martes, 25 de abril de 2023

EXPOSIÇÃO 25 DE ABRIL

Para comemorar a data da Revolução dos Cravos de Portugal o alunado de Português desenhou uns cartazes alusivos à data. E o alunado de Plástica de 4º ESO, graças á colaboração do Departamento de Educação Plástica e Visual decorou as letras da famosa canção Grândola Vila Morena.


domingo, 23 de abril de 2023

BRONCE PARA SAMUEL SUMAY MÍGUEZ NA OLIMPIADA DE QUÍMICA


O alumno de 2º de Bacharelato, Samuel Sumay Míguez, participou esta fin de semana na fase nacional da XXXVI Olimpiada Española de Química, celebrada na Universidad de Valencia

 Alí acadou a medalla de bronce e a representación galega logrou as medallas de prata e bronce o que sitúa a Galicia entre as mellore comunidades autónomas e mostra o talento científico-técnico das novas xeración do alumnado galego, tal e como sinalou Manuel Rodríguez Méndez, decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, como se pode ler nesta noticia.

Desde Bibliomoas queremos felicitar a Samuel e ás súsa profesoras de Química, Hervilia Seco Lago e Eva Fernández Quintás que o prepararon para este certame.


mércores, 19 de abril de 2023

MERCADO SOLIDARIO NO MES DO LIBRO


Dende a biblioteca, con motivo do Día do Libro e do Día das Letras Galegas celebraremos durante un mes (mediados de abril a mediados de maio) un mercado de libros solidarios.

Permanecerá aberto durante os recreos na entrada do centro atendido polos voluntari@s da nosa biblioteca. 

Alí poderedes coller un libro a cambio de:

- 1 kg/l de alimentos non perecedoiros.
- Latas de conservas.
- Produtos de hixiene ou limpeza.

Os recursos conseguidos doaranse ao banco de alimentos da Coruña.

Solidariedade e lectura fan boa xuntanza.











luns, 17 de abril de 2023

CERTAME DE MICRORRELATOS

O Departamento de Lingua e Literatura Castelá, en colaboración coa biblioteca, organizou este certame de microrrelatos para festexar a celebración do Día do Libro. Animádevos a participar!!




venres, 14 de abril de 2023

PREMIO Á MELLOR LECTORA

Mencía Bergondo García, de 4º ESO e colaboradora voluntaria da biblioteca recibiu o premio á mellor lectora por ter rematado o lecturómetro con 10 novos empréstitos.



VISITA AO TEATRO

O alumnado de 4º da ESO acudiu ao teatro á representación Contos de vellos punkies para encarreirar a mocidade nunha actividade organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.






xoves, 13 de abril de 2023

EXPOSICIÓN DE TECNOXOGOS

O alumnado de 1º ESO realizou esta exposición de Tecnoxogos oraganizada polo Departamento de Tecnoloxía para celebrar o Día Mundial da Ciencia e da Tecnoloxía que se celebra o 10 de abril.

 


martes, 11 de abril de 2023

VISITA A PADRÓN E RIANXO

O alumnado de 1º de Bacharelato visitaron hoxe a vila de Rianxo, onde puideron coñecer a Casa de Manuel Antonio e o Museo do Mar, e realizar unha xincana cultural e literaria pola vila. Ao mediodía foron paseando desde a vila á praia de Tanxil, onde xantaron e pola tarde desprazáronse a Padrón. 

En Padrón visitaron a Casa de Rosalía e despois puideron desfrutar dun tempo libre nas atraccións das festas da Pascua.


luns, 3 de abril de 2023

VISITA DOS ESTUDANTES DE INTERCAMBIO DE ITALIA

Aquí tedes un vídeo que resume a fantástica experiencia da visita dos estudantes italianos de Como no noso centro e cidade cos que a nosa escola fixo o intercambio no nivel de 1º de Bacharelato.