Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

mércores, 22 de marzo de 2023

ALUMNO DE 2º BACH NA XL OLIMPIADA GALEGA DE QUÍMICA

Samuel Sumay Míguez

O alumno de 2º Bach A Samuel Sumay Míguez participou na Olimpíada de Química e quedou clasificado en 2º lugar, como podedes ver nesta noticia

Preparou a súa participación coa súa profesora de Química, Hervila Seco Lago, responsable do Departamento de Física e Química do noso instituto.

O tres mellores de cada demarcación universitaria participarán na XXXVI Olimpíada Española de Química, que este ano terá como sede da Universidade de Valencia, do 21 ao 23 de abril.

Parabéns para Samuel e moita sorte na vindeira fase!!

martes, 21 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA

Nas aulas de Lingua Castelá e Literatura o alumnado celebrou con estes debuxos de poemas e recitados o Día da Poesía

venres, 17 de marzo de 2023

VISITA DO ESCRITOR NUNO MATOS VALENTE

O alunado de português de 1º, 2º e 3º  assistiu à palestra do escritor de literatura infantil e juvenil, Nuno Matos Valente, autor do livro Bestiário Tradicional Português que os muídos lêem nas aulas e do que desenham exemplos de monstros e personagens míticos portugueses.

Após a conversa com o escritor, puderam jogar ao jogo de caça dos seres míticos que desenhou o professor Gabriel André Caneda. Foram distribuidos por equipas e com os seus telemóveis acudiram para a caça de seres prodigiosos que estavam pela nossa escola.

A experiência foi fantástica e ficamos a saber muito mais sobre estes seres do imaginário português tão semelhantes com os da cultura tradicional galega.


martes, 14 de marzo de 2023

#UNHA MÚSICA NO INSTI, MURAL DE LAURA ROMERO

 A artista gráfica Laura Romero acudiu ao noso instituto para elaborar un mural dentro do proxecto #unhamúsicanoinsti cun deseño de mulleres músicas que pintou na porta da cafetería do centro.

Nel podedes ver a poeta e música Lucía Aldao, a cantante do grupo Leria, Magüi Berto, cantante das Ginebras e a música Hydn.

Ademais mantivo unha charla cun grupo de 1º ESO e asinounos o seu libro Ferreñas & Rock and roll no ilustra diferentes músicas galegas e que podedes encontrar na nosa biblioteca.

Podedes ver o magnífico resultado nestas fotos.










xoves, 9 de marzo de 2023

VISITA DA ESCRITORA ANA ALONSO

No día de hoxe dous grupos de 2º ESO e un de 4º ESO puideron desfrutar no salón de actos da interesante charla coa escritora Ana Alonso, autora entre outros, da novela El sueño de Berlín que liu o noso alumnado. Podedes atopar máis obras da escritora na nosa biblioteca. Son todas elas lecturas moi recomendables!!

mércores, 8 de marzo de 2023

xoves, 2 de marzo de 2023

EXPOSICIÓN DE FOTOS

No vestíbulo de entrada podedes ver esta sensacional exposición fotográfica do 17º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato.