Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

martes, 31 de xaneiro de 2023

POMBAS DA PAZ

Nas titorías os diferentes grupos de alumnado de Moas decorou estas pombas con mensaxes de Paz que están xa penduradas do teito do vestíbulo para conmemorar o Día da Paz.

ILUSTRACIÓNS DO DÍA DA PAZ

 

ILUSTRACIÓNS DA PAZ

Esta é a exposición con ilustracións da Paz que realizou o alumnado da ESO e do Bacharelato para conmemorar con estes deseños o Día da Paz 2023.









 

mércores, 25 de xaneiro de 2023

PREMIO ÁS MÁIS LECTORAS

Esta semana fíxose entrega dos premios ás máis lectoras do 1º trimestre que completaron o seu lecturómetro esta avaliación. Desde a biblioteca quixemos agasallalas cuns premios moi lectores!!

Mencía Bergondo



Alma Qing Ramas Corrales

PREMIOS DA XINCANA DA HISTORIA DAS MATEMÁTICAS

Aquí tedes a entrega de premios aos grupos gañadores da xincana da Historia das Matemáticas que estivo exposta nos corredores de 1º ESO durante os meses de novembro e decembro con motivo do Mes da Ciencia en Galego.

A exposición foi elaborada no CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños que amablemente nola emprestou para o noso centro. O Departamento de Matemáticas elaborou unha xincana que realizaron os diferentes grupos de 2º ESO.









xoves, 19 de xaneiro de 2023

PALESTRA DOS PROFESSORES DE MOÇAMBIQUE

No dia de hoje visitaram a nossa escola dois professores de Moçambique da Escola dos jesuitas que tem uma relação com a escola Santa Maria del Mar da Corunha. 

Os professores Simiao Francisco e Amilton Bito falaram com os alunos da turma de 2º ESO de Português para contar-lhe como é a sua escola de Tete em Mozambique e os projetos que partilham com a escola corunhesa. 

Foi uma palestra muito interessante onde puderam conhecer aspetos da educação em Moçambique e questões sobre este formoso país africano. Gostamos muito. Voltem quando quiserem!!