Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 23 de maio de 2022

EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS: A MÚSICA ACTUAL EN GALEGO

Neste mes das Letras, para alén de aproveitar para traballar a figura do homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán, cuxa exposición está pendurada no vestíbulo de entrada e coa que alumnado de diferentes grupos realizou unha xincana, expúxose unha selección dos traballos sobre música en lingua galega realizado polo alumnado de 2º ESO B e D.

Tedes todo este mes a exposición á vosa disposición para aprender algo máis sobre a obra do poeta valdeorrés e tamén coñecer músic@s e grupos máis destacados do panorama musical galego. Que vén aí o verán e axiña se poderá gozar da súa música en directo!! Baila e canta en galego que é do máis cool!!


venres, 6 de maio de 2022

PERSOAS GAÑADORAS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS

As persoas gañadoras no Concurso de Microrrelatos convocado pola biblioteca e Departamento de Lingua e Literatura Castelá por mor do Día do Libro son as seguintes: 

BACHARELATO - "Margaritas" asinado por Mona Lisa, Aldara Pérez Cifuentes (1º Bach A)
3º e 4º ESO
- "Lavanda y tulipanes" asinado por Venus, Sara Martínez Vieites (4º ESO A)
1º e 2º ESO - "El accidente" asinado por Tarta de fresa, Mencía Pérez Cifuentes (2º ESO D)

martes, 3 de maio de 2022

RECITAL DE SARA FONTA

Para inaugurarmos este Mes das Letras no IES Monte das Moas o EDLG, en colaboración coa biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, organizou este recital de Sara Fonta, alumna de 2º de Bacharelato A que escribía poesía e que fai parte da antoloxía de poetas novos que recentemente editou a Aira das Letras baixo o título de 21 poetas do século XXI, edición a cargo do editor Carlos da Aira.

O recital tivo lugar pola tarde no salón de actos e acudiu o alumnado de 1º Bacharelato B e C e de 2º de Bacharelato A. Antes do recital o alumnado da materia optativa de 2º Bach, Literatura Galega do Século XX presentou e entrevistou a Sara quen posteriormente recitou algúns dos seus poemas. Tamén se visionou un videopoema da súa autoría realizado como tarefa para a materia de Lingua Galega e Literatura e que podedes ver nesta ligazón

Podedes ver aquí as fotos do acto.