Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 25 de abril de 2022

CONCURSO DE MICRORRELATOS

Co motivo da celebración do Día do Libro este mes de abril o equipo de biblioteca, xunto co Departamento de Lingua e Literatura Castelá, organizou un concurso de microrrelatos. Están expostos os microrelatos seleccionados de cada grupo para no vestíbulo. Axiña coñeceremos as persoas gañadoras.

venres, 22 de abril de 2022

MERCADO SOLIDARIO DE LIBROS NA BIBLIOTECA

Durante os meses de abril e maio por mor da celebración do Día do Libro e das Letras Galegas a biblioteca organizou un mercado solidario con libros antigos e de segunda man que as persoas podían levar a cambio dun kg de alimentos non perecedoiros ou produtos de limpeza. 

O recadado será doado ao Banco de Alimentos da Coruña. Aínda podedes participar estes meses. Animádevos!! E moitas grazas pola vosa solidariedade.







mércores, 20 de abril de 2022

EXCURSIÓN A PADRÓN E RIANXO

O Departamento de Lingua Galega e Literatura, xunto co EDLG, organizou unha visita para o alumnado de 1º de Bacharelato que foron a Padrón para visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro e Rianxo onde acudiron á Casa Museo de Manuel Antonio e realizaron unha xincana pola vila.

 

domingo, 3 de abril de 2022

REGUEIFESTA POLA PAZ: AS MOAS RIMAN POLA PAZ

O alumnado de Oratoria e colaboración co EDLG participaron nesta edición convocada pola Regueifesta con estas rimas pola paz.