Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 28 de marzo de 2022

WEBSERIE AMNESIA 3.0


 

Este luns  28 de marzo o alumnado  de 1º de Bacharelato, en horario de 9:20 a 11:00, e o alumnado de 4º de ESO, en horario de 11:30 a 13:10 participaron no Salón de Actos do noso centro dunha actividade promovida polo Departamento de Lingua e Literatura Galega e coordinada pola nosa compañeira Mar Hermida Pico. A actividade foi a proxección dun produto audiovisual, a webserie Amnesia 3.0, coa súa responsable, Irene Pin, e un posterior coloquio coa participación do alumnado.

mércores, 23 de marzo de 2022

VISITA DE ABRAHAM CUPEIRO

No día de hoxe recibimos a visita de Abraham Cupeiro nunha actividade organizada polo Departamento de Música e amosoulles e faloulles de instrumentos do mundo.







luns, 21 de marzo de 2022

VISITA Á EXPOSICIÓN DAS MULLERES NOS OFICIOS TRADICIONAIS

O alumnado de 1º da ESO visitou a exposición das mulleres nos oficios tradicionais que temos no vestíbulo esta semana e puido realizar unha pesquisa sobre os oficios exsitentes sobre os que despois reflexionaron na aula de Lingua Galega e Literatura.





xoves, 17 de marzo de 2022

EXPOSITOR DO DÍA DA MULLER

Durante este mes de marzo temos expostos na torre da nosa biblioteca unha selección de obras con temática feminina ou de mulleres extraordinarias.






martes, 8 de marzo de 2022

luns, 7 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER TRABALLADORA: MULLERES DOS OFICIOS TRADICIONAIS

Un ano máis podedes ver aquí a nosa homenaxe ás mulleres traballadoras co gallo da celebración do Día da Muller Traballadora. Esta edición centrámonos nos oficios tradicionais.

Podedes ver a exposición durante todo este mes no vestíbulo principal.