Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

mércores, 23 de febreiro de 2022

ROSALÍA DE CASTRO SEMENTADE PENSAMENTOS

Este é o recitado de poemas que preparou o alumnado de Oratoria en colaboración co EDLG para se sumaren á campaña da AELG para celebrar o Día de Rosalía coa lenda de "Sementade Pensamentos"

 

ROSALÍA DE CASTRO EN FRANCÉS

No Día de Rosalía de Castro o alumnado de francés preparou este recitado do poema "Adiós ríos, adiós fontes"

 

RECITAL DE POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO

Neste día de Rosalía de Castro o Departamento de Lingua Galega en colaboración co EDLG e a biblioteca organizaron este recital no que alumnado de 1º e 3º ESO recitaron e cantaron poemas de Rosalía de Castro que podedes ver neste vídeo.

 

mércores, 16 de febreiro de 2022

luns, 14 de febreiro de 2022

PREMIO Á MÁIS LECTORA

Ana Carolina Neves Rodrigues de 4º ESO B recibiu un agasallo por ser até o de agora a lectora que máis títulos leu no que vai de curso, como mostra o seu lecturómetro xa rematado. 



mércores, 2 de febreiro de 2022

DÍA DOS HUMIDAIS

Nas aulas de Ciencias da Natureza e de Bioloxía o alumnado estivo traballando sobre o Día dos Humidais e centrouse nos humidais galegos dos que fixo estes cartaces que están expostos no noso corredor.




CANDELORIA 2022

Para festexarmos o día no que casan os paxariños, este 2 de febreiro, Día da Candeloria, puxemos o alumnado a crearen haikus de amor e natureza que podedes ver neste vídeo nos seus expositores nos corredores e no taboleiro do EDLG. E isto é o amor!!

EXPOSITOR DÍA DA PAZ

 Aquí vos deixamos neste vídeo o noso expositor para o Día da Paz cunha selección de lecturas en diferentes linguas sobre as guerras, a paz, a convivencia, etc que vos animamos a levar de empréstito para a vosa casa e gozar con elas. 


martes, 1 de febreiro de 2022

POMBAS DA PAZ

 Desde a biblioteca para conmemorar o Día da Paz e a non Violencia deseñamos estas pombas da paz nas que cada alumno escribiu mensaxes de paz e tolerancia nas súas plumas que se foron engadindo no taboleiro do corredor.