Desde o 26 de outubro ata o 5 de novembro estará no instituto a exposición "De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos organizada Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Satiago (APECSA) coa colaboración de Política Ligüística a través do Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG).
A exposición consta doce paneis que recollen as nove cantigas de amigo e unha de amor de Padrozelos, así como un mapa elaborado por Xosé Vázquez que relaciona os lugares importantes na vida do trobador, nado na segunda metade do século XI, e aqueles que menciona nas súas composicións.
Acompañan esta exposición unha guía didáctica elaborada por Dulce Fernández Graña e un vídeo documental "Trobador no Camiño: andares pola lírica de Martín de Padrozelos" que se pode ver na seguinte ligazón https://www.youtube.com/watch?v=nm3bwdWrQ4Q&t=1s
Animádevos a coñecer un pouco máis a literatura medieval!!

 |
Alumnado de 3º ESO e 1º Bach vendo a exposición
|