Querémosvos botar unha man cunhas propostas culturais para que poidades pasar este peche forzoso un pouquiño mellor: Libros, películas, vídeos... esperamos que vos sexan útiles.
Co mesmo sentimento de todos os anos, mulleres da comunidade educativa do IES Monte das Moas unímonos para homenaxear ás mulleres protagonistas do Nobel da Paz, outro traballo máis promovido pola Biblioteca do noso centro para INFORMAR e SENSIBILIZAR buscando sempre aportar o noso particular grao de area para crear un mundo máis pacífico e solidario.
A exposición estará aberta durante todo o mes de marzo e con ela achegamos unha pequena guía de traballo para que o profesorado que así o queira poida aproveitala.