Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

mércores, 24 de abril de 2019

Premio á mellor portada para a revista do centro

Portada premiada
Ainhoa Tajes Rodríguez de 3º A de ESO ven de recibir hoxe o seu agasallo á mellor portada para a revista do centro "O SON REBULDEIRO" que edita o departamento de Dinamización Lingüística.
Parabéns, Ainhoa polo magnífico traballo que intenta facer un compendio dos 30 anos do noso instituto.
Ainhoa  recibindo o seu merecido agasallo

martes, 9 de abril de 2019

80 Aniversario da II Guerra Mundial

Co gallo do 80º aniversario da II Guerra Mundial o Departamento de Historia do centro elaborou unha fantástica exposición con elementos relativos a dito acontecemento: revistas, periódicos, uniformes, trebellos... unha completísima información da guerra en imaxes. 
Deixámosvos aquí o vídeo promocional e máis unha pequena presentación coas fotos da exposición que poderedes visitar na biblioteca ata fin de mes.



mércores, 3 de abril de 2019

Visita de CARLOS NEGRO

Deixamos aquí unha pequena mostra do que foi a emocionante visita do poeta Carlos Negro ao noso instituto o pasado 27 de marzo.

martes, 2 de abril de 2019

Contos de premio.

Recollemos aquí a información publicada polo diario La Opinión relativa á recollida de premios polas dúas alumnas gañadoras do 3º Concurso de Microrrelatos de Amnistía Internacional. Clica na imaxe para vela.