Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

domingo, 31 de marzo de 2019

Día da Muller: As Imaxes

Publicamos aquí unha pequena presentación do que foi a nosa homenaxe deste ano a mulleres exploradoras e viaxeiras ao longo da historia .
O noso agradecimento a todas as mulleres da nosa comunidade escolar que participaron neste proxecto.

mércores, 20 de marzo de 2019

PREMIOS AMNISTÍA INTERNACIONAL AO MELLOR MICRORRELATO


As alumnas MARÍA TARRÍO de 4º B e ANDREA IGLESIAS de 4º C de ESO veñen de ser gañadoras do 3ºCONCURSO XUVENIL DE MICRORRELATOS   sobre o acoso escolar  de AMNISTÍA INTERNACIONAL CORUÑA :

“NO NOSO GRUPO CONSEGUÍMOLO”.

Ámbalas dúas rapazas foron premiadas ao microrrelato mellor valorado por un xurado seleccionado polo Comité de Amnistía Internacional Coruña nas seguintes categorías:

-          A (14-16 anos)
-          B (17-21 anos)

PARABÉNS ÁS DÚAS!!!

mércores, 6 de marzo de 2019

Día da Muller: Exploradoras e Viaxeiras

Novamente mulleres da comunidade escolar do IES Monte das Moas rinden unha sentida homenaxe a loitadoras que aportaron coas súas viaxes ou exploracións unha nova mirada ao mundo.

Esta exposición poderá ser visitada ata final de mes a partires de mañá,7 de marzo, na nova zona de exhibicións habilitada no corredor principal que dá acceso á biblioteca.

Como é habitual deixamos aquí tamén unha folla de traballo para todo o profesorado que queira baixar co seu alumnado a visitala.

Comprobaredes que xunto a exposición colocamos un último póster dedicado a unha muller extraordinaria: Celia Rivas Casal, a primeira camioneira de España e avoa dunha das alumnas do instituto.

Póster-homenaxe a Celia Rivas Casal:

martes, 5 de marzo de 2019

Táboa periódica das MULLERES GALEGAS

Interesantísimo traballo divulgativo sobre as mulleres máis senlleiras do noso país. Póster e xogo elaborado polo IES A Basella de Vilanova de Arousa.

domingo, 3 de marzo de 2019

Ciencia en Galego

Marcos Miguez é o autor das traducións. (Fonte: La Voz de Galicia)

O galego convértese na QUINTA LINGUA na que se pode ler o boletín da Unión Astronómica Mundial grazas a un galego aficionado á astronomía.

Para saber como empezou todo e o que a RAG ten que dicir sobre o asunto clica na foto.