Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

domingo, 18 de marzo de 2018

Presentación de TARDES DE DOMINGO de Ramona Giráldez


"O venres 16 de maio tivo lugar a presentación da obra poética "Tardes de domingo" da nosa compañeira e profesora deste centro, Ramona Giráldez Domínguez, ilustrada por Luz Arufe.

O acto moi ben organizado uniu varias xeracións de alumnado e profesorado deste instituto no acolledor local de Portas Ártabras. O numeroso público asistente desfrutou tanto da presentación da obra, por parte de Leticia Eirín, como do recital de poesía e da música de “Os Invisibles" (alumnado de Monte das Moas). 



Parabéns a tod@s, especialmente a Ramona por facelo tan emotivo."



Retallo da emotiva presentación. Ramona Giráldez no centro da imaxe.
Os alumnos Andrés Rey e María Rodríguez, ambos de 2º de BAC,. nun momento da súa  actuación



luns, 5 de marzo de 2018

Día da Muller: Mulleres Inventoras

Como xa ven sendo habitual , no IES Monte das Moas reunímonos mulleres da comunidade escolar (profesoras, alumnas e persoal non docente) para realizar a nosa máis sentida homenaxe a mulleres de moita valía ao longo da historia, nesta ocasión a MULLERES INVENTORAS.
Velaqui a exposición que podedes contemplar na entrada do instituto:


E aquí amosamos as ACTIVIDADES para traballar coa exposición.
Tamén deixamos un interesante vídeo relacionado coa nosa exposición
E ti, serías quen de nomear algunha muller inventora?