Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
domingo, 16 de decembro de 2018
luns, 26 de novembro de 2018
Contra a Violencia
Vídeo elaborado por alumnado de 1º de ESO D contra a violencia de xénero e o cartel coas fotos do visionado na biblioteca o pasado venres 23.
domingo, 11 de novembro de 2018
Contos Premiados
martes, 30 de outubro de 2018
SAMAÍN na Biblioteca. Uuuuuuhhhhhhhh!!!!
Pasamos un recreo terrorífico coa lectura dos marabillosos contos de medo de da ESO nunha biblioteca decorada con arrepiantes morcegos e cabazas realizadas por alumnado de 1º e 2º de ESO
Deixámosvos aquí unha pequena presentación das actividades máis un vídeo coas lecturas dos contos. Pasen e vexan...
martes, 23 de outubro de 2018
Chega o terrorífico SAMAÍN
Atréveste a pasar un "mal" rato con estes pasatempos?
ADIANTE!!!. Descárgaos e fainos nun "tris-tras"
ADIANTE!!!. Descárgaos e fainos nun "tris-tras"
Pasatempos do Samaín by on Scribd
domingo, 21 de outubro de 2018
FORMACIÓN DE USUARIOS: Xogo de "Kahoot"
Se prestastes atención na sesión de FORMACIÓN DE USUARIOS, seredes quen de acertar todas as preguntas deste xogo online. Segue as instrucións e...
.
.
A XOGAR e GAÑAR!!!
- Terás que ter a APP "Kahoot" instalada no teu dispositivo móbil.
- Este é o PIN para poder xogar: 0123125
- Non te esquezas de poñer o teu nome e curso no "Nickname"
Os resultados chegarán á biblio e os mellores terán un pequeno agasallo.
Sorte!!!
mércores, 10 de outubro de 2018
Diplomas para as Voluntarias da Biblioteca
A semana pasada fixemos entrega dos diplomas ás rapazas que axudaron na xestión da biblioteca o ano pasado.
Velaquí dúas fotos con algunhas delas.
A semana que vén iniciamos a inscrición para os novos voluntarios deste ano. ANIMÁDEVOS.
Velaquí dúas fotos con algunhas delas.
A semana que vén iniciamos a inscrición para os novos voluntarios deste ano. ANIMÁDEVOS.
mércores, 26 de setembro de 2018
luns, 17 de setembro de 2018
xoves, 28 de xuño de 2018
Actividades na biblio
Remata o curso e aquí vos deixamos unha pequena memoria das actividades realizadas polo equipo da biblioteca durante todo o curso.
Feliz verán, e felices lecturas a todos!!!!
luns, 25 de xuño de 2018
xoves, 21 de xuño de 2018
Entrega dos últimos premios da biblioteca
Onte, mércores 20,fixemos entrega dos últimos premios de concursos convocados pola biblioteca.
Aquí vos deixamos as imaxes.
Aquí vos deixamos as imaxes.
Premiados no concurso de FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
De esquerda a dereita Alba, Simón, Aldara e Águeda.
1º PREMIO:
O triángulo "escalero"
|
Simón Lago Hermida de 1º C ESO
2ºs PREMIOS:
|
Aldara Pérez Cifuentes de 1º C ESO e Alba González Ramos de 3º C
3º PREMIO:
|
Águeda Millán Pena de 2º D |
CALIGRAMAS
María Rey Fernández de 3º C ESO |
LECTURÓMETRO
Aitana Ruíz Suárez de 3º B ESO |
mércores, 13 de xuño de 2018
luns, 11 de xuño de 2018
Guía de verán
Recén saída do forno a nosa guía de recomendacións lectoras para este verán 2018.
Refréscate coa lectura!!!!
domingo, 10 de xuño de 2018
I Encontro dos clubs de lectura da AMAC
O pasado 7 de xuño reunímonos representacións dos clubs de lectura da Área Metropolitana da Coruña no centro Ágora coa presenza do escritor catalán e último premio Nadal Alejandro Palomas.
Foi unha tarde inesquecible na que gozamos das respostas inxeniosas do autor sobre as súas obras e a súa vida.
mércores, 6 de xuño de 2018
Día Mundial do Medio Ambiente
A ONU celebra o Día Mundial do Medio Ambiente dende 1972 para concienciar á poboación muncial sobre os problemas ambientais.
No noso centro o alumnado de 4º de ESO traballou na materia de Ciencias para elaborar uns fantásticos folletos que intentan abrirnos os ollos ante esta terrible problemática.
Podedes ver os folletos na biblioteca.
luns, 21 de maio de 2018
Premiadas no concurso literario "Quen Son?"
domingo, 13 de maio de 2018
martes, 24 de abril de 2018
domingo, 22 de abril de 2018
Concurso de fotografía matemática
Publicamos as bases do II Concurso de fotografía, esta vez de temática matemática, no marco das actividades do mes do libro.
xoves, 19 de abril de 2018
II Concurso de Microrrelatos do Grupo Dado
Os clubs de lectura dos seis centros que conformamos o grupo DADO asistimos á tradicional gala de entrega de premios no Ágora. Os nosos finalistas: Juan Vila e Xabier Martínez de 1º de ESO tiveron unha actuación maxistral.
Deixamos aquí un vídeo-resumo da gala e outro da actuación completa de de Xabier (ao acordeón) e Juan.
.
domingo, 8 de abril de 2018
QUEN SON? Concurso literario
Anímate a descubrir estes escritores e personaxes da literatura universal.
Xoga na casa , no insti , cos teus colegas e gaña unha suculenta tarxeta regalo de FNAC e algunha que outra sorpresa.
- Quen pode participar? TODO O ALUMNADO
- Cando? Do 9 ao 27 de abril
- Como xogar? So tes que clicar enriba dos persoeiros e automáticamente sae un recadro coas pistas. É MOI FÁCIL.
- Como entregar as respostas? Vainas anotando nun papel e cando as teñas...
Quen gañe o concurso recibirá o premio a primeira semana do mes de maio.
Anímate. Gaña o que consiga máis respostas acertadas.
Agora... A XOGAR...!!!
Ilustración de Fernando Vicente para Escola d'escriptura
xoves, 5 de abril de 2018
Actividades MES DO LIBRO
Durante as vindeiras semanas iremos publicando o desenvolvemento de todas as actividades programadas para este MES DO LIBRO. Polo de agora, para ir facendo boca...
martes, 3 de abril de 2018
Teatro no instituto
O grupo de teatro do instituto TELÓN DE AQUILES, comandado polo profesor Rafael Alonso, volveu dar no cravo cunha representación hilarante : Deus, unha comedia de Woody Allen.
domingo, 18 de marzo de 2018
Presentación de TARDES DE DOMINGO de Ramona Giráldez
"O venres 16
de maio tivo lugar a presentación da obra poética "Tardes de domingo"
da nosa compañeira e profesora deste centro, Ramona Giráldez Domínguez,
ilustrada por Luz Arufe.
O acto moi ben organizado uniu varias xeracións de
alumnado e profesorado deste instituto no acolledor local de Portas Ártabras. O
numeroso público asistente desfrutou tanto da presentación da obra, por parte
de Leticia Eirín, como do recital de poesía e da música de “Os
Invisibles" (alumnado de Monte das Moas).
Parabéns a tod@s, especialmente a Ramona por facelo tan emotivo."
Retallo da emotiva presentación. Ramona Giráldez no centro da imaxe. |
Os alumnos Andrés Rey e María Rodríguez, ambos de 2º de BAC,. nun momento da súa actuación |
luns, 5 de marzo de 2018
Día da Muller: Mulleres Inventoras
Como xa ven sendo habitual , no IES Monte das Moas reunímonos mulleres da comunidade escolar (profesoras, alumnas e persoal non docente) para realizar a nosa máis sentida homenaxe a mulleres de moita valía ao longo da historia, nesta ocasión a MULLERES INVENTORAS.
Velaqui a exposición que podedes contemplar na entrada do instituto:
E aquí amosamos as ACTIVIDADES para traballar coa exposición.
Actividades Mulleres Inventoras by Bibliomoas on Scribd
Tamén deixamos un interesante vídeo relacionado coa nosa exposiciónE ti, serías quen de nomear algunha muller inventora?
xoves, 22 de febreiro de 2018
Charla de LEDICIA COSTAS no instituto
Hoxe tivemos a honra de recibir á premiada autora no noso centro. Gozamos das súas historias, simpatía e cercanía...o alumnado non paraba de facerlle preguntas!!!
Emotiva charla para a nosa rapazada lectora e a que nos veu visitar doutros centros: IES Rafael Dieste, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Monelos e IES Agra do Orzán.
Grazas a todos por compartir esta experiencia e especialmente ao grupo de alumnas do club de lectura de 2º de ESO e á súa profesora, Carme Manso, por facer unha magnífica presentación da escritora.
Se premedes na foto poderedes ver unha reportaxe fotográfica do evento.
Rapazas do club de lectura de 2º ESO con Ledicia Costas |
mércores, 14 de febreiro de 2018
LEDICIA COSTAS no IES Monte das Moas
O vindeiro xoves 22 de febreiro teremos a gran honra de recibir a LEDICIA COSTAS a escritora de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta que están a traballar no club de lectura de 2º de ESO.
Agardamos tamén a presenza de alumnado dos clubs de lectura do IES Rafael Dieste, do IES Menéndez Pidal, do IES Monelos e do IES Agra do Orzán.
Agardamos tamén a presenza de alumnado dos clubs de lectura do IES Rafael Dieste, do IES Menéndez Pidal, do IES Monelos e do IES Agra do Orzán.
Deixámosvos tamén a información elaborada polo club de lectura sobre esta interesantísima obra, pósters que estarán expostos xunto cunha pequena mostra das súas obras na entrada do instituto .
xoves, 1 de febreiro de 2018
luns, 29 de xaneiro de 2018
Un mundo mellor é posible
Alumnado de 1º e 2º de ESO elabora portadas coas novas que a todos nos gustaría ler.
luns, 15 de xaneiro de 2018
Entrega de premios aos mellores HAIKUS contra a violencia de xénero
O pasado venres fixemos entrega dos premios aos mellores Haikus ilustrados contra a violencia de xénero segundo un xurado formado por profesorado, alumnado e personal non docente.
1º PREMIO: Alba González , 3º C ESO
2º PREMIO: Javier Fernández Guerra, 3º C ESO
3º PREMIO: Anira Albarellos Graña, 3º B ESO
1º PREMIO: Alba González , 3º C ESO
2º PREMIO: Javier Fernández Guerra, 3º C ESO
3º PREMIO: Anira Albarellos Graña, 3º B ESO
Os tres premiados (de esquerda a dereita) Alba, Javier e Anira retratados ante as súas obras. |
O haiku gañador |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)