Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

luns, 30 de outubro de 2017

Concurso ARREPIANTE DE SAMAÍN - 3º e 4º ESO

CONCURSO DE PISTAS DE SAMAÍN dirixido a alumnado de 3º e 4º de ESO

Trátase de descubrir o nome dunha obra literaria de recente publicación seguindo as pistas que vos deixamos a continuación.

BASES:
As respostas deberán ser enviadas ao enderezo de correo da biblioteca: bibliomontemoas@gmail.com
  • No correo deberá constar:
  1.  O nome do/a alumno/a e o seu curso e grupo.
  2. O título da obra que buscamos e o seu autor.
  • Non se admitirán respostas despois do día 6 de novembro ás 12 da noite.
PREMIOS:
Unha película en formato DVD ou Blue Ray da elección do/a gañador/a
Un agasallo sorpresa.

De haber empate o premio será adxudicado a sorteo.

domingo, 29 de outubro de 2017

CONCURSO ARREPIANTE De SAMAÍN para 1º e 2º de ESO

A BIBLIOTECA do IES  Monte das Moas presenta un concurso coa finalidade de descubrir 
o nome dunha obra literaria segundo as pistas que se dan a continuación.

As respostas ás pistas están TODAS na exposición de MEDO E MISTERIO da biblio e aquí neste blog.
  • As respostas deberán ser enviadas ao enderezo de correo da biblioteca: bibliomontemoas@gmail.com
  • No correo deberá constar:
  1.  O nome do/a alumno/a e o seu curso e grupo.
  2. O título da obra que buscamos e o seu autor.
  • O prazo remata o día 10 de novembro ás 12 da noite.
PREMIOS:
Unha película en formato DVD ou Blue Ray da elección do/a gañador/a
Un agasallo sorpresa.

De haber empate o premio será adxudicado por sorteo.

.

mércores, 25 de outubro de 2017

Formación de Usuarios 2017/18

Presentamos aquí unha pequena mostra do que aconteceu este ano na formación de usuarios para o alumnado de 1º de ESO.
Despois da charla informativa a rapazada xogou a encontrar libros e contestar unhas cantas preguntas sobre o funcionamento da biblioteca.
A semana que vén daremos conta dos gañadores do pequeno concurso.

Formación de Usuarios 2017/18 on PhotoPeach

domingo, 15 de outubro de 2017

Caza do tesouro do SAMAÍN

En breve dará comezo unha arrepiante CAZA DO TESOURO na biblioteca.

Ide preparando ... as cabezas...ou as cabazas



xoves, 5 de outubro de 2017

Kazuo Ishiguro: Novo premio Nobel de literatura


Despois da polémica do ano pasado pola concesión deste importante premio ao cantautor Bob Dylan, a academia Sueca volve ao terreo da litaratura galardoando ao escritor inglés, de orixe xaponesa, Kazuo Ishiguro quen é especialmente valorado polas súas historias de amplo espectro emocional. 

Algunhas das súas obras foron levadas ao cine, sendo a máis recoñecida Los restos del Día, que no noso país pasaría a ser titulada Lo que queda del día, con Antony Hopkins  e Emma Thomson como protagonistas. 

Deixamos aquí as portadas de dúas das obras máis importantes do autor e un pequeno vídeo para coñecelo un pouco mellor.