Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa
luns, 24 de abril de 2017
xoves, 20 de abril de 2017
Actividades na SEMANA DO LIBRO
Como todos os anos celébrase a nivel mundial o DÍA DO LIBRO o 23 de abril.
Este ano cadra en domingo pero no noso centro xa temos preparadas unha manchea de actividades.
Pasen e vean:
- Mercado solidario de libros
de 2ª man.
Será a terceira edición deste
mercado no que poñeremos, no corredor principal, libros de 2ª man
procedentes de doazóns de toda a comunidade escolar a prezos moi módicos. A
recadación será destinada, como en outras ocasións a unha ONG local.
- I Concurso de fotografía “FOTOLECTORES”
Un divertido concurso fotográfico
aberto a todo o alumnado no que queremos recoller simpáticas fotos de temática
lectora. As bases serán publicadas en breve neste blog e distribuídas por todo
o centro. Grandes premios!!!
- Exposición de NOVIDADES na biblioteca
Un ano máis faremos un último
esforzo para presentarvos lecturas de todo tipo e adecuadas a todo tipo de
lectores (biografías, divulgación, literatura, pensamento...)
- Gran “Photocall” co Quixote.
A gran sorpresa é un gran cartaz tirado dunha
magnífica ilustración do Quixote de Gustavo Doré coa que todos nos podemos
fotografar. Atrévete!
Cartel de presentación de Actividades:
Cartel de presentación de Actividades:
mércores, 19 de abril de 2017
Os libros namorados, premiados
Xusto antes das vacacións de Semana Santa fixemos entrega dos premios aos mellores libro-poemas de temática amorosa. Todo o mundo tivo un pequeno agasallo pola súa participación.
Os premiados (de esquerda a dereita ): Aitana Ruiz e Lucía Cabarcos de 2º ESO B e Sara Sanz e Manuel de 1º de ESO |
Os participantes recollendo o seu pequeno agasallo |
luns, 10 de abril de 2017
Recollida de premios na Biblioteca do Castrillón
O pasado martes 4 de abril o alumnado de 3º de ESO visitou a biblioteca do Castrillón para recibir os premios correspondentes ao concurso de Cartas de Amor organizado por dita biblioteca.
Os agraciados foron:
Francisco Manuel Villaverde , cunha emotiva carta dedicada ao seu can e Adrián Janeiro con outra preciosa misiva dedicada á súa nai.
Merecidos parabéns aos dous!
Concurso Cartas de Amor on PhotoPeach
martes, 4 de abril de 2017
Animación á lectura
O alumnado da materia de "Música e Cine" elaborou uns orixinais cartaces para fomentar a lectura entre a nosa rapazada.
Moitísimas grazas!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)